- O aumento da presenza do galego como lingua vehicular do ensino axudou a mellorar a comprensión lectora en español
- O incremento do uso do galego repercutiu moi positivamente sobre os resultados en matemáticas, materia que daquela era impartida en galego
Podemos ver no gráfico elaborado na lectura da CGENDL sobre os resultados en competencia científica con absoluta claridade que cando se aumentou a presenza do galego no ensino os resultados do ensino nas ciencias eran o reflexo dun modelo que estaba a producir resultados moi bos. Aínda máis: a introdución da lingua galega como lingua vehicular no ensino en diferentes materias impulsada polo Decreto 124/2007 (lembremos que é o derrogado polo funesto decreto de plurilingüismo) non empeceu a adquisición de competencia lectora nin científica do alumnado. Os resultados dos estudantes galegos son superiores á media española nas tres áreas de coñecemento: no referente ás áreas de lectura e matemática, cun lixeiro ascenso, e en ciencias, de xeito máis acusado.
Unha vez máis temos que lle agradecer o traballo que realizan de continuo e sen ningún apoio institucional á CGENDL. Mentres, a SXPL calará.
Lectura Do Informe Pisa 2009 Coordinadora Galega de ENDL_febreiro_2011
Máis sobre o tema en Extramuros, o blogue de Fipipe Díez
Ningún comentario:
Publicar un comentario