Nova web ao servizo da lingua da man do Consello da Cultura Galega. Chámase poesíagalega.org. e desde hoxe accederase a ela desde a lista de recursos deste blogue.
Consiste esta web nunha base de datos mais tamén será un repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos. Pretende chegar a ser un dos lugares de referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galegas contemporáneas. Tampouco se nos escapan as súas posibilidades como un recurso de apoio á formación do estudantado.
Desexamos que poesíagalega.org acabe sendo outra iniciativa de fortalecemento da nosa identidade dándolle valor a un dos máis grandes tesouros colectivos. Grazas aos responsables da inciativa e a todos os colaboradores.
P.S.: O portal poesiagalega.org ábrese con 150 textos de difusión poética
Ningún comentario:
Publicar un comentario