Ter unha canle de Gran Hermano 24 horas en lugar de CNN+ conleva o risco de poder atoparse na televisión con algún dos sesudos debates que os seus concursantes levan a cabo. O último polémico, máis que un debate, foi un resumo á perfección de todos os tópicos e falsidades que arrodean a lingua galega.
O caso é que foi unha concursante de Galicia a que aseguraba a outra que “lo primero que te produce oír una persona joven hablar gallego es negativo”. “No es muy habitual que la gente joven hable gallego, bueno, en Lugo sí, pero es un gallego bruto y feo (...), el gallego que está todavía más metido en gente ignorante”.
Esta rapaza, chamada Marta, chegou a asegurar que todos os seus libros de texto na escola “eran en gallego” (sic) pero que ela facía “trampa” e comprábaos en castelán. Ademais, asegurou que “muy poquita gente habla gallego; lo hablan los nacionalistas, más los exaltados, los que lo hablan por cojones”.
A moza, que chegou a dicir que deixou de ligar cun rapaz porque falaba galego (“¡Qué bajón!”, relataba), recoñeceu que era “una pena” que os propios galegos renegasen do seu idioma. “Nosotros nos avergonzamos”, asegurou, ante a sorpresa dunha compañeira que si aprezaba a lingua galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario