Pensaba o ano pasado que isto xa non sucedería outro ano máis, que o bloque iría esmorecendo ata quedar aí, como testemuña dunha era negra para a lingua galega por mor dunha política lingüística nefasta. Con todo a estrutura segue en pé. Publicáronse 85 entradas no último ano. Non son moitas respecto da serie histórica. O que si é de destacar é o número de visitas: máis de 200.000.
Grazas a todo aquel que algunha vez botou o ollo por aquí.

Grazas a ti, Cibrán, que este blog ten moito mérito e é unha sorte para nós que esteas ti de cronista do desastre que é esta Xunta.
ResponderEliminarAproveito para preguntar se notaches, coma min, un aumento significativo nas visitas do ano 2024 ao 2025. Eu pasei dunhas 24000 a 75000
Grazas. Creo que o tema merecía un exército de cronistas para dar conta de todos os agravios da Xunta contra a lingua.
ResponderEliminarSobre o asunto das visitas. Si, neste blogue, a pesar de que non o manteño como antes, tiven unhas 200.000 visitas, aínda que o ano anterior tamén tivera algo así. Onde máis o notei foi nos Retallos onde case a metade das visitas de toda a súa historia corresponden ao 2025.
Para min que hai algo que non cadra. As cifras non sei o que miden, pero non creo que sexan fiables.
Si, eu penso o mesmo. Ten que haber un exército de bots rastrexando a rede. Porque non é normal, no meu vexo que segue habendo un lote de visitas a entradas de 2012 e por aí.
EliminarMoitos parabéns polo aniversario e por continuar a facer este grande traballo que é o teu blog. Saúdos.
ResponderEliminarGrazas, aínda que cada vez lle presto menos atención, aínda segue en pé
ResponderEliminar