Eu este ano imparto 4º da ESO. Miremos a lingua na que están os materiais que se lle ofrece á comunidade educativa neste curso. Non comentaremos nada das materias de Lingua Galega, Lingua Castelá e Francés pois os materais están nas respectivas linguas. O primeiro caso curioso é que unha das 5 editoriais que teñen contidos de Inglés, ten algunhas cuestións en castelán (e ningunha en galego).
Hai 3 materias que, dependendo da editorial, ofrecen os contidos en cadansúa lingua. Filosofía, Relixión e Expresión Artística aparecen en galego na editorial Edebé e en castelán en Planeta nas dúas primeiras e en Netex a última das tres.
Hai 3 materias que teñen recursos exclusivamente en galego: Bioloxía e Xeoloxía, Economía e Xeografía e Historia. Serán outras 3 as que teñan recursos só en castelán? De ser así aínda se podería tirar da bandeira do "equilibrio lingüístico" co que se promocionara ata a náusea o funesto decreto 79/2010, o de redución e exclusión do galego no ensino non universitario? Pois non.
No Edixgal encontramos as seguintes materias con contido exclusivamente en castelán: Cultura Clásica, Educación Física, Física e Química, Latín, Música, Dixitalización, Matemáticas A, Matemáticas B, Tecnoloxía e "Formación y Orientación Personal y Profesional"(sic), neste último caso, incluso o nome da materia aparece así escrito, supoño que será ese o seu nome oficial para a Consellaría de educación. Non sei se as contáchedes. Son 10 en castelán, fronte as 3 en galego. Non hai máis que explicar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario