Non hai mellor mostra da irrelevancia da política lingüística que ver cal é o peso que se lle outorga nos orzamentos de cada ano. No seguinte gráfico temos unha comparación entre os orzamentos da Secretaría Xeral de Política Lingüística e un 500-avo dos da Xunta entre os anos 2002 e 2020. No ano 2009 estas dúas cantidades eran prácticamente coincidentes. No intervalo anterior incluso o orzamento para as políticas de promoción da lingua galega eran maiores que un 500-avo do orzamento total.
O gran descenso chegou a partir do 2010, coa chegada dos gobernos de Feijóo. A redución tivo o seu valor máis baixo no ano 2015, consumándose unha redución do orzamento da SXPL nun 73%!. Desde ese momento vemos que se mantivo nese baixo nivel, trazando unha liña paralela ao total da Xunta. Dito noutras palabras, o orzamento foise reducindo ata ficar nuns mínimos que desbotan calquera posibilidade de actuación eficaz a favor da lingua galega. Pola contra mantense un ataque continuado de exclusión do galego na infancia e na mocidade mediante o funesto decreto 79/2010, que limita e prohibe o ensino en galego. Ademais todo iso acompáñase dun continuo desprezo por parte dos que detentan as cadeiras de San Caetano que aproveitan todas cantas ocasións teñen para renegar do galego. Así, é moi habitual que nas novas da TVG o presidente da Xunta apareza falando en castelán. Fronte a estes desprezos a SXPL cala... e aplaude.
Xa comentamos anteriormente que no 2008 houbo prácticamente un empate entre o orzamento para a lingua galega e o 500-avo do total. Ademais o orzamento para o videiro ano está aos niveis do ano 2008 (só 300 millóns de € máis para o 2020). Temos pois unha boa referencia nese ano para ver todo o que se perderá de actuacións públicas na normalización para o vindeiro 2020; basta ver o gráfico seguinte.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta orzamentos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta orzamentos b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 24 de novembro de 2019
xoves, 8 de novembro de 2018
3 veces menos lingua galega
Se debullásemos a serie histórica dos orzamentos da SXPL (Secretaría Xeral de Política Lingüística) en comparación cos totais da Xunta veríamos que en certo momento a SXPL gastaba un de cada 500 euros. Polo tanto se collésemos da carteira da Xunta unha parte de cada 500, poderíamos comparala coa da política lingüística. Este cotexo é o que podemos ver na seguinte gráfica correspondente aos anos 2002-2019: en azul o orzamento da SXPL, en vermello a 500-ava parte do total da Xunta.
Coa presidencia de Alberto Núñez Feijóo, ademais dunha baixada de categoría dentro do organigrama xeral da Xunta, pasando de Direccción Xeral, a Secretaría Xeral, comenza un proceso de drástica redución do orzamento adicado á política lingüística. No período 2010-2014 o capítulo da lingua sofre unha diminución dun 70%. A partir deste momento discorre paralelo ao presuposto xeral. O recorte está consumado e consolidado.
venres, 17 de novembro de 2017
Orzamentos de formento da redución da lingua galega
nas Voces de ProLingua publicáronme este artigo:
No ano 2014 o Instituto Galego de Estatística (IGE) publicaba un estudo no que establecía unha redución dun 13% na porcentaxe dos que falamos sempre en galego. Os datos causaron un gran impacto social aínda que non eran unha novidade pois todo o mundo sabía que a lingua galega non fixo outra cousa que ir a menos. Porén o catalán e fo éuscaro recuperaron falantes. A diferenza está nas políticas lingüísticas que se aplican en cada territorio. As institucións galegas nunca fixeron unha posta forte pola normalización lingüística. Así nos vai.Confrontados a eses datos do IGE, que foi o que fixo o goberno galego? No canto de establecer medidas de rforzo e protección a unha lingua en declive, reforzou unha política belixerante co uso do galego incrementando a súa desprotección, defendendo prohibicións e asumindo na práctica as directrices do supremacismo lingüístico. Se non nos goberna o Ku Kux Klan da lingua galega, son primos irmáns.Hoxe é moito máis difícil vivir en galego que dez anos atrás. Neste contexto é no que temos que analizar o orzamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) para o ano 2018.Nun comunicado público, a Consellería de Educación ofrecía información falsa sobre eses presupostos xa que falaba dun incremento de "preto do 15%" . A partida do 2017 foi de 6.819.086 €, a prevista para 2018 é de 7.623.085 €. O incremento exacto é dun 11,79%. Postos a redondear sen engano, deberíase dicir que o incremento andaba preto do 12%. Con todo, isto parece un importante aumento porcentual se non fose que nos estamos movendo dentro dos valores máis baixos de toda a serie orzamentaria do século XXI. Para recuperar as cotas presupostarias de hai dez anos, a SXPL debería ter incrementado o seu orzamento, non nun 12%, senón nun 378%. A relevancia da normalización lingüística no organigrama da Xunta será no 2018 case catro veces inferior á que tiña no ano 2008.O investimento nas políticas de promoción da lingua galega na era Feijóo suman un total de 81 millóns de euros. Pola contra deixaron de investirse 132 millóns de euros. É moito máis o que se lle retirou que o investimento efectivo. Velaquí en grandes cifras o desolador panorama de nove anos continuados de agresións á nosa lingua.Poderíase intentar argumentar que esta drástica redución está causada pola crise económica pero a tentativa sería un fracaso. Na seguinte gráfica móstrase o peso relativos dos orzamentos da política lingüística a respecto dos da totalidade da Xunta e constátase a completa irrelevancia da lingua galega para os gobernos de Feijóo. Nos últimos 5 anos a asignación para unha prescindible SXPL é dun 0,07%.A seguinte cuestión é: en que se empregan estas exiguas cantidades?Máis da metade do presuposto vaise en manter organismos públicos e o mecanismo funcionarial. Do resto, un millón de euros destínase a entidades privadas polo que as políticas activas do goberno en materia de lingua quedan con só dous millóns e medio para desenvolverse que se reparten como segue. Medio millón van para cursos de formación (CELGA e outros). Son tan poucos os cartos destinados ás corporacións locais que con eles só poderían ter un Servizo de Normalización Lingüística (SNL) durante unha semana ao ano. Lembremos que no ano 2011 se desmantela toda unha rede de SNL cun orzamento xémeo do actual. Non se trata, entón, de promover o traballo normalizador desde os concellos, senón de incidir na súa desarticulación. O proxecto da SXPL para as entidades locais é a Rede de Dinamización Lingüística. Basta comentar que este programa non ten unha partida específica para comprender a súa completa inoperatividade.Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) dos centros de ensino están tan desamparados como os SNL dos concellos. Despois dunha redución do 70%, o seu orzamento ficou estancado nos 300.000 € por sexto ano consecutivo. Aquí dáse a agravante de que se adía a convocatoria de axudas ata o punto de que a resolución das mesmas non sae ata final de curso, cando xa non hai posibilidade de realizar ningún tipo de actividade nos centros. Pouco mal e tarde.O resto do orzamento adícase en exclusiva a xustificar a propia existencia dunha SXPL anémica e, en definitiva, a aplicación dunha política lingüística lesiva para o realmente importante, o uso do galego. Velaquí uns presupostos pensados para afondar na redución da nosa lingua, que se ve que non é a dos que os argallaron.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





