Querido Manolo:Na noite do mércores 23 chamoume un compañeiro para que lle confirmase o teu falecemento, seica a noticia se espallara nas redes sociais e na prensa dixital. Deixoume frío e mudo; reaccionei e díxenlle que non sabía nada, nin sequera que estiveses enfermo, que te vira moi ben a última vez que nos encontramos, xa xubilado, andando entre Panxón, Pozuelo e Guadalajara, e metido na leria de redactares unhas memorias. Animeite a que as rematases e as publicases canto antes, sabendo do moito zume que van dar, porque desde hai ben anos sei que es persoa totalmente libre no que opinas e contas, entregado á causa da lingua e da cultura galegas desde Madrid, pero sen deixares nunca de estar en Galicia. Sei que sempre dis o que pensas, ben argumentado, que non casas con ninguén, agás con aquela moza de Meira que estudaba Económicas, que coñeceras en Compostela.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Rodríguez Alonso b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Rodríguez Alonso b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 30 de setembro de 2015
Manuel Rodríguez Alonso e a "tremenda loita" contra o españolismo lingüístico
por Francisco Fernández Rei, nas Voces de ProLingua:
xoves, 26 de abril de 2012
Un dicionario que nace vello
por Manuel Rodríguez Alonso no Galicia confidencial:
Realmente o que fixo a RAG foi definir as palabras que figuran no Vocabulario ortográfico da lingua galega. Evidentemente, non puidemos ler todo o dicionario, que, polo de agora, non se ofrece en formato libro, o que non deixa de ser unha pexa para os lexicógrafos profesionais, pois, malia a utilidade que lles recoñecemos ás publicacións dixitais, necesitamos así mesmo o formato libro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
