Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Regueira Varela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Regueira Varela. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de decembro de 2015

Por que e que da obra de Xosé Neira Vilas

por Ramón Regueira Varela, en Terra e Tempo:


Todas as percepcións xorden dende uns a priori ideolóxicos. A miña visión da obra e da persoa de Xosé Neira Vilas non está ceibe deses “prexuízos”. Quixera que fosen os menos os que se escapasen das miñas verbas e que fose a obxectividade, é dicir, a obra real do homenaxeado a que se fixese presente e non as miñas opinións, mellor ou peor fundadas, as que se amosasen diante de vostedes.