O 2011 celebrouse, na honra de Marie Curie, o ano da Química. Antes de que rematara, o SNL da Universidade da Coruña, presentou un dicionario de Química da autoría de Ramón Vilalta, Juan José Guillín Fraga e Antonio Varela Caamaño. Con máis de 400 páxinas e 7000 termos definidos trátase dunha nova aportación á normalización do ámbito científico.
A obra conta ademais con apéndices de información complementaria de interese. Para mostra, por exemplo a da imaxe, cos elementos da táboa periódica.
Un pasiño máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario