Podémolo ver aquí, primeiro ínstase a que o faga en castelán, e despois aprázase a declaración ata o nomeamento dun intérprete:
el imputado manifiesta que sólo [sic] quiere declararar en gallego, polo lo que S.Sª. le solicita que hable en español, negándose el declarante. Dando por suspendida la presente declaración a la espera del nombramiento de un intérprete.Alén disto, por moito que o cidadán queira que o procedemento se tramite en galego, será imposible, pois o programa de xestións dos xulgados, Minerva NOX, exclúe esta posibilidade desde hai case dous anos.
Vía Ciberirmandade da Fala
Eu estiven no edificio dos xulgados de Vigo hai un mes para un trámite sinxelo e cando pedín unha comparecencia (un xustificante para levar ao choio) déronmo en español. Sorrín e amabelmente preguntei se o tiñan en galego. A funcionaria contestou que non. Como ao día seguinte tiña que voltar, comentei, outra vez con hiper-educación: A ver se mañá podo levalo en galego.
ResponderEliminarA funcionaria contestou nun ton absolutamente desagradábel: Ya veremos!
Por suposto ao día seguinte volvín a levar a comparecencia en español.
Eu tampouco vexo intención ningunha de tirar noutra dirección. E iso é o peor.
ResponderEliminar