Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 11 de xaneiro de 2012

...porque queren roubarnos o que hai: un blogue para estes tempos avoltos

Na prehistoria desta Carta Xeométrica andaba eu mirando a forma de como facer un blogue de matemáticas cando no revolto tempo antes da publicación do borrador do funesto decreto de plurilingüismo comencei a interesarme polos artigos e as novas encol da lingua e a normalización. Entre aqueles primeiros artigos que me chamaron a atención había un par deles no Xornal, dun tal Iván Méndez López que me tiñan un aquel.
Así, co paso do tempo, e xa metido en fariña, din en recuperar aqueles artigos ([1] e [2]) pois, pensaba que nalgún momento podía ter sentido volver a eles.
E chegou o momento. Iván Méndez López, nos comenzos do ano botaba andar baixo o título ".... porque queren roubarnos o que hai", simplemente un novo blogue que nos vai ir aclarando moitas cousas nos tempos avoltos que corren. Cada un dos artigos que redactou ata o momento son outras tantas perlas que gorentarían os medios de comunicación para as súas páxinas... se os houbese.
Non podo facer outra cousa que recomendar a visita a este novo blogue agás que queiramos continuar a confundir a normalización coa dinamización, a substitución coa imposición ou o plurilingüismo co follow me

2 comentarios:

  1. Casi tres siglos de imposición del castellano.

    http://www.elpais.com/articulo/cultura/siglos/imposicion/elpepicul/20010429elpepicul_1/Tes

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas pola aportación. Non coñecía o artigo, nin o detalle da prohibición de falar en euskera/catalán por teléfono

    ResponderEliminar