Algo tan normal, se houbera normalización real, como un dicionario de inglés, non debería ser nada a destacar nun blogue adicado á nosa lingua. Porén como eu nunca tal vin, un dicionario inglés-galego, teño que resaltalo aquí. Para que as clases de inglés nos sexan un pouco máis próximas.
De 2.0 editora, anúnciase como o primeiro gran dicionario bilingüe inglés-galego.
Compría que os valedores do presunto plurilingüismo, ou o inglés en castelán, apoiaran a edición e divulgación desta ferramenta didáctica, non sexa que vaiamos pensar que o que se escribe neste blogue é certo. Ademais, no seu día xa participaron na presentación dun dicionario latín-galego.
Non quero pensar que a sorte que desde as institucións lle desexan ao galego, sexa a mesma que a do latín, pois eu, como Curros, agardo que sexa a do inglés.
En conclusión, vai unha invitación a botarlle un ollo a este libro pois nos andeis de ningún estudante deberíamos botar en falta unha axuda á normalización que tamén o é para avanzar nas aulas de inglés.
Houbera un pequeno dicionario a finais dos anos 90 feito por Benigno Fernández Salgado durante a súa etapa de profesor de galego en Inglaterra.
ResponderEliminarhttp://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=99048&id_sello_editorial_web=13&id_sello_VisualizarDatos=13
Grazas pola aportación.
ResponderEliminaroh meu Deus: que paisinho! além do mencionado pelo anónimo, é muito melhor este: http://gl.wikipedia.org/wiki/Dicionario_bilingüe do Servando Pérez Barreiro;
ResponderEliminarbut that is not the question! ela é que há milhenta dicionários (e um monte deles gratuítos na Rede!) bilingues entre a primeira e a terceira língua mundial, e não digo mais: acordai do vosso sono, caralho!
Carlos Durão (Londres)