Esta páxina é unha fonte de recursos moi ben organizada, clara, e con achegas de todo tipo.
Este ano celébrase o Día das Letras na honra de Valentín Paz Andrade. Presentouse hai pouco o web oficial deste avogado e empresario multifacético, pero, tal e como comenta Carlos Callón, as gadoupas do lobo andiveron por alí e nese espazo fixeron a peor ferida que podían e deturparon o pensamento de Valentín encol da lingua destacando na portada do web unha cita tan perversa como a mente que alí a colocou. Descontextualizada, a cita escollida parece que está defendendo o funesto decreto de plurilingüismo, ou incluso o máis funesto borrador do mesmo. Por iso, eu propóñolles esta outra, que ten a ventaxa de que si parece de Valentín Paz Andrade de principio a fin:
"¿O galego ha de seguir mantendo unha liña autónoma na súa evolución como idioma, ou ha de pender a máis estreita similaridade co-a lingua falada, e sobre todo escrita, de Portugal e-o Brasil. [...]. A ninguén se lle oculta que, da parte da Galiza, hai a gañar moito máis que a perder si a relación entre a unha e outra fala se avivece e sostén"Mentres, polo si ou polo non, como visita recomendada para coñecermos mellor a Paz Andrade, esta escolma de recursos na arañeira. Para mostra, un botón.
No nome da Fundación Celso Emilio Ferreiro moitas grazas.
ResponderEliminarR. Nicolás
Eu pouco digo, e penso que é mellor dicir pouco nestes casos pois pronto se ve que está feita con intesese e cariño polo que é mellor limitarse a visitala. Grazas a vós.
ResponderEliminar