Decepción e tristura son as palabras que mellor reflexan o meu sentir cando neste ultimo mes puiden contemplar como se exclúa o noso idioma propio da publicidade, cartelería, rótulos… e todo o relacionado coas dúas tendas que Gadis ten a día de hoxe en Viveiro, unha das cales (a situada en Magazos) foi reinaugurada nestas fechas.
Hoxe entrei na tenda por primeira vez logo da reforma e puiden contemplar como o idioma galego foi eliminado por completo. A verdade é que sentín unha gran pena, sentimento totalmente contrario ó orgullo e felicidade que sentín días antes, cando pouco despois das badaladas de fin de ano emitiron o anuncio de “Vivamos como galegos”.¿Acaso vivir como galegos está reñido co idioma galego? ¿Entenden os señores de marqueting e merchandising do Gadis que o idioma galego non é digno de ser incluído nos folletos e carteis, polo menos, a carón do castelán?¿ Ou é que “precisan” diñeiro público, ou sexa “subvencións”, para que o idioma desta terra teña unha presenza nas súas tendas?Son comerciante, levo 18 anos cara ó público, e podo dicir que a maioría da xente que entra nas tendas de Viveiro son galego-falantes. Tamén sei que á maioría da xente lle dá igual, que nin sequera se dan conta diso, que pasan do tema. Eu non, non quero resignarme, a min non me dá igual recoñezo que nos tempos que corren para a nosa cultura e o noso idioma, o que eu estou a dicir pode atopar enfronte expresións coma “radical”, “tontería”, “que mais che dá”,ou as preguntas do millón ¿ e logo non entendes o castellano?, ou ¿ti non es “español?”Entendo e falo castellano coma calquera de Valladolid. Síntome español (polo de agora) coma calquera madrileño, fun militar durante a miña xuventude e cumplín con España coma calquera asturiano, leonés, andaluz ou mallorquín, pero nunca renegarei da miña patria natural, Galicia, do idioma da miña xente, da miña familia, dos meus pais e avós e coido que se ser “español” leva consigo o renunciar a unha parte imprescindible da miña personalidade e da miña maneira de situarme no mundo, pois entón a miña concepción de España, por desgracia vai cambiar irremediablemente.Recoñezo a Gadisa como unha creadora de riqueza e postos de traballo no noso pais e oxalá xurdiran moitos mais empresarios da talla do falecido Sr Tojeiro (ó cal Galica estalle agradecida) pero teño que discrepar na maneira de actuar desta empresa.Señores do Gadis, unha cousa é predicar e outra é dar de comer. É mágoa que outras cadenas de fóra de Galicia (por exemplo Eroski) teñan mais respecto que vostedes polo noso idioma.Oxalá poidan ler esta carta algún dia e que lles faga reflexionar.Pola miña parte, só me gustaría que se dignaran a perder dez minutos (como perdín eu) e me contestaran a estas preguntas:¿Por que? ¿Que é o que fixemos mal (se acaso o fixemos) os galegofalantes, para merecer este desprezo?Sen mais saúdaos, un cliente (polo de agora), e lembren ¡Vivamos como galegos!
Isto non é nada novo, vén ocorrendo dende que temos o actual goberno da Xunta. Ao carón da miña casa hai un Gadis, sitio habitual onde merco a maioría do que comemos. Ao pouco de ganar as eleccións os do PP, a miña sorpresa foi moi grande cando vou mercar pescado e atopo todos os nomes dos peixes en castelán (había uns poucos días estaban nas dúas linguas), preguntei a razón dese cambio e a que estaba alí, díxome que ela facía o que lle mandaban.
ResponderEliminarTalvez teñas razón con todo o que dis "que GADISA crea postos de traballo..., pero eu que deixo a maioría do meu soldo e o do meu marido nun Gadis, penso que non teño nada que agradecerlles e que son uns aproveitados, moita campaña de "Vivir como galegos" e despois calquera cadea de supermercados respecta o noso idioma máis ca eles, porque eles desterrárono dos seus establecementos son uns hipócritas.
Eu escribinlles un e-mail cando pasou isto que che conto, pero imaxino que están acostumados e iso non lles importa.
Talvez se nos puxésemos de acordo e fixésemos campaña para dar a coñecer todo isto ao mellor pensaban que ía en serio, porque imaxino que cando leron o meu e-mail pensaría que só son unha "pirada" máis e se non me gusta que cambie de establecemento. Pero eu considero que non teño porque cambiar, cos meus cartos vou onde me dá a gana e se o establecemento deles está máis preto e máis cómodo eu non teño porque ir dúas rúas máis abaixo, son eles os que teñen que ser coherentes e non estafar aos galegos.
Bicos