Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 30 de xaneiro de 2012

A balada da televisión na Bretaña



Hai que ver como se move este home! Inclasificable.
O poeta e cantante, Bernez Tangi  foi nominado por unha súa colección de poemas para os Prizoú 2012  uns premios relacionados coa promoción do bretón.  Como forma de protesta contra a política lingüística do estado francés  Bernez Tangi renunciou ao premio e divulgou esta  curiosa carta aberta/ canción-protesta.
Compara a situación de diversas linguas europeas segundo as horas de emisión na televisión. Comenza destacando que en galego emítense 24 horas diarias (168 semanais) para acabar denunciando que as emisións en bretón se reducen a 1 hora e media semanal e que aínda así, desde o 2002 o departamento do Loira Atlántico ficou excluído desta posibilidade.
Peculiar exemplo de como unha e outra vez as linguas sen estado sofren políticas de imposición, ataque e redución. O asunto tamén pode servir de exemplo de como moitas veces estas accións veñen maquilladas baixo unha máscara de presunto fomento da lingua minorizada. Para que ninguén leve despois sorpresas

Ningún comentario:

Publicar un comentario