Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 31 de maio de 2013

Estranxeira na súa patria

por Marta Dacosta, en Terra e Tempo:

"Contemprou cal pasaban e pasaban
Collendo hacia o infinito,
Sin que ô fiaren n'ela
Os ollos apagados e afundidos
Deran siñal nin moestraD'habela n'algun tempo conocido."

No mesmo mes en que celebramos a publicación de Cantares gallegos hai 150 anos, a Consellaría de Cultura e Educación négase un ano máis, e desta volta con especial belixerancia, a acoller a proposta que desde a CIG-Ensino se vén realizando de que o 24 de febreiro, Día de Rosalía, forme parte do calendario escolar no apartado de conmemoracións, ao lado de datas como o Día de Europa ou o Día da defensa dos dereitos do consumidor.

Cómete o mar

A Consellería de Medio Rural está cometedo u novo atentado contra a lingua pois vén de iniciar uha campaña co estrafalario lema de "Cómete o mar" [sic]. Por se alguén aínda o dubida, pode visitar o portal ou a páxina de facebook.
As queixas non tardaron en chegar. Mais veremos como desde a Xunta non fan moito caso. Desde que entrou Feijóo no goberno xa se repetiron casos semellantes a estes [Gallega 100%, O teu sague é vida. Compártea, o spot do 8 de marzo "Eu son pilar", "Non sexas cómplice dun crime": preparados, apunten, lume!, Coida Galicia- Carino, a sinalectica "Camino de Santiago", o ataque atrabiliario de Turexpo, os anuncios que se están emitir na RAG "da mel de Galicia", ou mesmo a SXPL deturpando a toponimia, por non falar da publicidade directamente en castelán]
Todas estas iniciativas son, máis que nada, campañas contra a norma e, sobre todo, contra a normalización. Nelas divúlgase a idea de que o galego é unha lingua feble, sen calidade; foméntase a inseguridade lingüística. Unha chea de accións da Xunta na promoción do abadono da lingua.
Pregútome cara onde derivará este camiño que tomou a Xunta, a institución que para os galegos é o primeiro referente da promoción e defensa do galego. Non se trata de que teña que intervir unha feble SXPL pedíndolle de favor  á conselleira de Medio Rural que corrixa a campaña. Estes son os exemplos da política lingüística que desenvolve o goberno: nula transversalidade, nada de respecto nin de coidado polo galego. Pola contra, aínda teremos que escoitar falar a Valentín García de que o decreto para o plurilingüismo non pode cegarnos respecto da política lingüística pois é o único punto de desacordo e que o importante é que non só o ensino, senón no resto dos ámbitos, hai que establecer medidas de apoio e promoción do galego. Xa se ve.
Que será o próximo? : Cómeto, To comes? Te o comes? cómesto?...Mentres, o único que vemos comesto é a normalización.

P.S.:
Pola creatividade galega e a calidade lingüística, da CTNL
Un manifesto pide á Xunta que paralice as campañas con erros lingüísticos. 31/05/2013, Praza Pública
A campaña da Xunta 'Cómete o mar' suscita polémica por non coidar a lingua, 31/05/2013, Sermos Galiza
A CTNL demanda que a Xunta paralice as campañas que descoidan o galego, 31/05/2013, no Sermos Galiza

xoves, 30 de maio de 2013

Língua galega e Cia, Sociedade Limitada

por Henrique Egea Lapina, no Terra e Tempo:


Para continuar com a análise da colonização do nosso país [já falei na memória histórica e em aspectos do dia a dia] não podo resistir-me a tratar o controvertido tema da língua pois, nos últimos tempos, venhem acumulando-se diversos feitos deste sector (o culebrão da RAG., as queixas dos editores, as mudanças de opção lingüística de alguns autores, a proposta de legislativa popular Paz Andrade...)

Propostas para un novo discurso lingüístico

Hai un ambiente festivo dentro do autobús. Un algareiro grupo de adolescentes acaban de chegar a Vigo. Estudan nun instituto dunha vila pequena e están nunha realizando unha excursión. Entre eles falan decote en galego. Pero ábrese a porta do autobús.
Tan pronto como como poñen o pé no asfalto da cidade comenzan a falar en castelán. A que se debe esta abdución? Valentina Formoso explicanolo no libro Do estigma á estima (Xerais, 2013).
A obra ten dúas partes ben diferenciadas. Na primeira a autora fai unha crítica dos resultados obtidos das análises sociolingüísticas fundamentadas en métodos cuantitativos. Cunha metodoloxía que xa empregara Ana Iglesias [Falar galego: "no veo por qué", Xerais, 2002] constrúe o seu argumentario a partir das gravacións de diversos grupos de discusión. A novidade da obra reside en que estes grupos están formados polos rapaces do autobús: procedentes de entornos galegófonos de zonas rurais.
A partir dos discursos destes adolescentes Formoso Gosende vai identificando as actitudes e prexuízos que permanecían ocultas nas enquisas: 1) inseguridade na propia lingua relacionada co alleamento da norma; 2) deslealtade no uso do galego pola asunción da submisa aplicación da "amabilidade lingüística"; 3) vergoña polo acento galego  e 4) rexeitamento das medidas normalizadoras. Dando un paso máis alá elabórase un mapa das concepcións sociolingüísticas nas que se enraízan estes prexuízos, e que poderíamos sintetizar coas ecuacións galego = rural, galego = baixa clase social, galego = nacionalista e galego = lingua inútil.

A segunda parte do libro é un marco para a acción normalizadora construída sobre todo para o alumnado de áreas rurais ou vilegas pero cun discurso xeneralmente aplicable a contextos urbanos.
É moi recomendable a lectura do repaso que se fai á historia dos ENDL xa que un importante paso para potenciar o traballos dos Equipos é tamén o orgullo por formar parte da construción dun proxecto ilusionante que consolide unha sociedade menos hipócrita e máis xusta e realista. Nas sucesivas epígrafes podemos comprobar, unha e outra vez, que o 2006-2010 foi o único período no que se deron pasos significativamente positivos no proceso normalizador. Con todo, chámase a atención de que nos últimos 20 anos non houbo apenas mudanza no imaxinario colectivo sobre a situación social das linguas en Galicia. Por exemplo non se asume a necesidade real do incremento e afortalamento do ensino en galego.
Cales son os pasos que debemos dar de aquí en diante? Cómpre apostar por un traballo planificado e continuado, isto é, non só reactivo frente ás agresións ao galego. Temos que desenvolver unha paisaxe que camiñe entre valores positivos, reforzando a identidade galega.
Valentina Formoso aporta unha guía de por onde deben transcurrir os vieiros da acción normalizadora. De entre eles destacaría a proposta xa adiantada no II Encontro de equipos e docentes  pola normalización sobre a aprendizaxe das linguas que consiste no denomitado TIL (Tratamento Integrado das Linguas). Levamos xa tres anos coa implantación dun modelo que a Consellería de Educación dou en bautizar fraudulentamente como plurilingüe. Os nenos saen das aulas que se imparten en inglés con listas de vocabulario especializado dunha materia como ciencias naturais. Pasados dez días xa se esqueceron de todo. Pártese dunha pretensión irrealizable, un ensino gramaticista das linguas estranxeiras que se impulsou pensando que todo o alumnado vai ser catedrático de inglés cando o realista sería establecer uns obxectivos máis modestos pero alcanzables. A metodoloxía actual é un fracaso na aprendizaxe de linguas estranxeiras e un éxito na excusión do galego. No canto de aprender, divúlgase a ignorancia. A solución partiría do recoñecemento do noso feito diferencial, aprovitando as ventaxas dun bo coñecemento da lingua galega. Isto levaríanos a ter un alumnado competente en dúas linguas, e con moito camiño andado par introducírmolo na lusofonía. Desde esta perspectiva plurilingüe, tal e como demostraron diversos estudos, estaríase en mellores condicións para comenzar a construir un ensino doutras linguas estranxeiras.
Definitivamente estamos diante dunha obra que nos sinala o camiño a seguir no proxecto colectivo da normalización. Que ninguén espere atopar neste libro castelos no ar. Trátase máis ben dunha aposta para a intervención  fundamentada na realidade social que nos atopamos calquera día ao baixar do autobús.

Sobre o libro
Do estigma á estima, ficha do libro en Xerais
"Hai que mudar o ensino do galego e o traballo de normalización", 22/04/2013, entrevista en Praza Pública
Do estigma á estima, 02/05/2013, por Carlos Negro, no Sermos Galiza
Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, 12/05/2013, por Inma Otero Varela na Peneira Dixital
Do estigma á estima, conversa con Valentina Formoso, 13/05/2013, entrevista a Valentina Formoso en Asociación Irimia


mércores, 29 de maio de 2013

Unha ofensa que non ten nome

por Robert Neal Baxter no Terra e Tempo: 


Adiviña adiviñanza: Comeza por ‘l’ e podería ser unha variedade local da lingua tibeto-birmanesa ‘naxi’ ou tamén a pronuncia que se daría na Limia ás variedades urálicas faladas polo pobo autóctono do norte da Escandinavia…

Últimas cancións

A diversidade lingüística é unha característica fundamental da humanidade. A principal evidencia da deshumanización da civilización nas últimas décadas evidénciase na continua desaparición de linguas a unha taxa de dúas por mes. Os seguintes vídeos van cargados de tristura. Neles podemos escoitar algunhas cancións dos últimos falantes dalgunhas linguas, hoxe xa desaparecidas.
No primeiro Helen e Bobby Hogg cantan en cromarty, unha lingua escocesa. O seu último falante foi Bobby,  morreu en outubro do 2012.





Boa Sr era a última superviviente dos Bo.


No seguinte vídeo Lydia Bolxoeva, é unha dos menos de 40 falantes da lingua Tofa, tamén nos canta unha triste canción:



martes, 28 de maio de 2013

Sermos Rosalía

por Moncho do Orzán, no Sermos Galiza:


Nasin cand'as prantas nasen,
no mes das froles nasin,
nunh'alborada mainíña,
nunh'alborada d'abril.

Anquanto la lhéngua fur cantada.



Cando se fai un repaso dos estados e as linguas de Europa compróbase como é prácticamente imposible atopar ningún monolingüe. Velaí que a un caso como o do galego é do máis frecuente no continente.
Se quixéramos buscar o raro, o estraño, andaríamos á procura dun estado no que só se falara unha lingua. Moitas veces ponse como exemplo o caso do veciño Portugal. Estaríamos errrados pois esqueceríamonos do mirandés, unha lingua con pouco máis de 1000 entradas na Wikipedia e á que se adica este fermoso filme de João Botelho integrado na triologia dedicada a Trás-os-Montes. Com Gabriel Gomes (Ex-Madredeus e Sétima Legião) e Catarina Wallenstein. Inclue tamém unhaa breve aparición do grupo mirandés Galandum Galundaina.
Así comenza a película:
Andei anos ao fio com a língua entalada para a obrigar a sair do seu caminho e ter de pensar antes de dizer as palabras certas: uma língua nasceu-me e comi-a em merendas e bebi-a em fontes e riachos;...
Agora cómpre premer no play.

Vía EDILINGAIRMAU

luns, 27 de maio de 2013

Quédome co futuro

por Susana Méndez, no Sermos Galiza:

De todas as imaxes que puidemos ver o pasado día 17 de maio, día da nosa lingua, eu quédome coa máis esperanzadora, aquela que nos amosa o futuro.

domingo, 26 de maio de 2013

A Galipedia explicános como navegar en galego

Todo navegador incorpora unha lingua como predeterminada. Esta vai ser a lingua que teña prioridade á hora de navegar pola rede.
Para que os navegadores presenten preferentemente as entradas da Galipedia, a posibilidade de descarga e acceso a materiais en galego, cómpre telo configurado co galego como lingua de preferencia. Neste mesmo blogue xa fixéramos referencia a unha ferramenta que nos explica como facelo nos navegadores Chrome, Firefox e Explorer: o blogue navega en galego. Mesmo aquí na columna da dereita temos un acceso directo a esta aplicación.
Agora presento unha páxina, precisamente da  Galipedia, na que se explica o mesmo nunha maior variedade de navegadores. Ademais dos anteriormente citados están Aora, Konkeror, Opera e Safari.
O que realmente compría, sería que as computadoras que nos venderan viñeran coa pre-configuración nos navegadores na nosa lingua. Deste xeito, os que navegamos en galego somos unha especie de obxectores ao sistema imposto. Para facer isto realidade compría unha outra política lingüística, que a Xunta se preocupara realmente sobre o asunto e que se estableceran leis de consumo que garantiran a protección da nosa lingua.
Polo de agora temos o de sempre. Centos de leis que protexen a lingua hexemónica: o castelán.


Vía Chuza!

sábado, 25 de maio de 2013

Labios de Babel



«Inspireime na incrible diversidade de idiomas que a industria da moda, especialmente as modelos, traen á cidade de Nova York. Filmei 50 modelos de todo o mundo dicindo 50 trabalinguas diferentes orixinarios das súas culturas», di Ella Muliarchyk, a autora de Lips of Babel (Labios de Babel), un curioso anuncio publicitario para o portal de moda Motilo
É unha orixinal forma de poñer en evidencia a diversidade lingüística. Os trabalinguas sonj unha boas escolla pois presentan as linguas desde un punto de vista lúdico e simpático, e aínda que o panorama sociolingüístico do arredor é estarrecedor, nunca está de sobra recordar que se temos lingua, non é para maltratala, senón para desfrutar dela.

Vía o lúdico blogue Xogos de lingua

venres, 24 de maio de 2013

17 de maio nunha lavandaría



Cada 17 de maio volve, xunto co Día das Letras, a polémica sobre se debería seguir sendo festivo. Unha das cuestións máis debatidas consiste en que se desvirtúa a conmemoración da data por ser aproveitada por moita xente para ir de vacacións, ou pasar o día na praia no canto de participar nos múltiples actos que se organizan para esa data.
Moitas veces, como é o caso, é mellor ver o asunto desde certa distancia. Este ano un grupo moi numeroso da comunidade galega en Londres acudiu á xuntanza proposta polo grupo facebook Galegos morriñentos en Londres para celebrar as Letras Galegas. E unha das iniciativas que se levou a cabo foi este recital poético na Portobello Launderette.
No vídeo temosunha pequena mostra dun recital que se celebrou nunha lavandería, todo un exemplo de sentimento identitario, perdido en máis ocasións das que quixéramos,  na propia terra.

Vía Fala Londres

xoves, 23 de maio de 2013

Salvemos o galego!

por Xosé Manuel Baños García, en Terra e Tempo:

O día 17 de maio percorríamos as rúas de Santiago de Compostela na defensa do noso idioma, o galego, porque non queremos ser estranxeiras na nosa terra; tan simple como iso. A agresión ao idioma galego chega a ser tan abafante que xa consideramos normal que se poida dar clases de física e química en inglés e non en galego, o noso idioma propio. É tan esgotadora a nosa loita, que até un feito case insignificante como a rotulación dun sinal de tráfico é importante na normalización do noso idioma; insignificante si, pero sintomática do grao de anormalidade no que vivimos.

OO



OO ou "Operación Ordes" é o concurso de novos talentos musicais dos centros escolares da comarca de Ordes: IES nº1 de Ordes, IES Maruxa Mallo, CPI Trazo, CPI Pontecarreira, CEIP Castelao e CEIP Campomaior .
Cun total de 57 alumnas e alumnos e catorce grupos/solistas participantes na primeira fase, é unha iniciativa exitosa máis dos Equipos de Normalización. Deixo por aquí o grupo dos participante máis novos. Podemos velos todos aquí.

Vía Sermos Galiza

mércores, 22 de maio de 2013

Plurilingüismo vs Normalización

por Mercedes Queixas Zas, nas Voces de Prolingua:


Viaxo en tren á casa camiño desa Compostela para min sempre de ida e volta. Unha xornada completa a escoitar palabras, testemuños, experiencias colectivas que falan de vida escolar e linguas, porque pouco antes concluían os XIV Encontros para a normalización lingüística, un foro referencial de análise, reflexión e debate ao redor da evolución sociolingüística do país, que dirixiran este ano a súa focaxe cara as luces e sombras deitadas, transcorridos xa trinta anos da aprobación por unanimidade da Lei de normalización lingüística.

Estilística da lingua galega

por Mercedes Queixas Zas, no Sermos Galiza:


Estilística da lingua galega é o recente título editado que compendia, máis unha vez, o ímprobo esforzo de estudo e análise investigadora que o profesor da Facultade de Filoloxía da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, dedica á lingua galega.

Un accidente por culpa do galego (a realidade supera a ficción, e non vos riades)

por Xosé Mª. Lema, no Sermos Galiza:


Hai anos, cando o tan criticado bipartito de Touriño e Quintana gobernaba Galicia e se dera inicio desde medios xornalísticos madrileños á campaña contra “la imposición del gallego” que, logo, dunha maneira tan seguidista fora secundada por certos comentaristas dos nosos xornais, quen subscribe publicara un artigo irónico titulado (en castelán) “Un accidente por culpa del gallego”. Parodiando o castelán de Galicia –o auténtico castrapo- contaba que un meu familiar tivera un accidente por culpa dos sinais inintelixibles que algúns concellos empezaban a poñer en galego, e dicía: “Iba mi hijiño con su bicicleta a todo dar por una carretera secundaria y, al llegar al cruce con la principal, no dio entendido una señal de tráfico que estaba rotulada en gallego ‘Ceda o paso’ –en vez del castellano ‘Ceda el paso’-, el pobriño no se detuvo y se fue esnafrar contra un coche que por allí pasaba. Mi filliño hubo de morir del golpe, pero afortunadamente no pasó nada e se dio recuperado rapidiño, rapidiño, pues solo tenía un croque en la cabeza. Pero bueno, ahí queda la denuncia: por la manía esa del gallego tuvo ese lamentable accidente”.

Por unha nova idea de lusofonía

por Xabier Ron na Praza Pública:

A cidadanía galega quere achegarse ao mundo lusófono. Ter unha relación máis fraterna coa lingua portuguesa. Polo menos, iso demostran os milleiros de sinaturas que apoiaron a Iniciativa Lexislativa Popular Valentín Paz Andrade, tomada en consideración, como di o argot parlamentario, polos catros grupos da Cámara a pasada semana. Pero teñamos coidado cos prexuízos e cos conceptos lingüísticos tratados de forma acientífica ou ideoloxizada. Fuxamos dos esencialismos e dos reducionismos que prescinden da complexa realidade da que falamos.
Teñamos coidado cos prexuízos e cos conceptos lingüísticos tratados de forma acientífica ou ideoloxizada. Fuxamos dos esencialismos e dos reducionismos que prescinden da complexa realidade da que falamos

Roberto Vidal Bolaño: o legado do pasado, e a rebeldía para o futuro






O primeiro dos vídeos foi emitido no programa da TVG,  Reporteiros: moi correcto, moi institucional, incluso aparece xente que non ten ningunha relación co teatro, e polo tanto, que non se sabe que pinta nunha reportaxe sobre Vidal Bolaño.
O segundo dos vídeos é o bo. Fermosísimo polo cariño co que foi elaborado. É o que nos explica de verdade quen foi Roberto Vidal Bolaño. É un traballo do grupo audiovisual do Club do Antifás (IES A Cachada de Boiro) que nos achega ao dramaturgo dende unha perspectiva familiar, profesional e cercana. Tal e como se comenta na presentación do vídeo, daremos un paseo pola súa forma de ser, de traballar e de pensar da man de Roi Vidal, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xesús Ron, César Goldi e Camilo Franco, que no seu momento coñeceron e compartiron variados momentos con Roberto.

martes, 21 de maio de 2013

De blogues.10

Nova lista de ligazóns recollidas na arañeira.

Decpción e cabreo telefónico, 10/03/2012, en Neofalante
Declárome sospeitoso, 10/02/2012, en Neofalante
Estamos cheos de @masaenfurecidas reais, 09/04/2013, por Iván Méndez en Éche o que hai...
Os tempos sombríos han quedar atrás, 30/04/2013, por Agustín Fernández Paz no seu portal
Onte 602: O galego do estigma á estima, 03/05/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Virán Xesús Alonso Montero e Valentín García?, 10/05/2013, Carlos Callón comenta no seu bloque un capítulo máis do nefando caso do declarado inimigo do galego Fraga Mandián.
Que Academia precisamos, por Mercedes Queixas Zas, 12/05/2013,  no seu blogue
Alonso Montero e a nai de Otero Pedraio, 13/05/2013, na Ferradura en tránsito de X. M. Eyré
Onte 613: O esencial na defensa da lingua, 14/05/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Onte 614: ILP Valentín Paz Andrade, 15/05/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Onte 618: A LOMCE e o orgullo patrio,19/05/2013  por Manuel Bragado, en Brétemas
A LOMCE e o futuro da escola pública, 20/05/2013, por ¨Manuel Bragado en Brétemas
Aquí Roberto Vidal Bolaño, aquí o pobo, aquí un inimigo, 20/05/2013, por Fran P. Lorenzo no blogue Un país en lata

luns, 20 de maio de 2013

Medo ao reintegracionismo?

por Alfredo Ferreiro, en Praza Pública:


O pobo abandona o galego, e isto semella por momentos unha realidade inexorábel. Despois da noite escura da ditadura, nos seguintes trinta anos foron criadas institucións, televisións, radios, ensino en galego e, para favorecer o desenvolvemento dunha modesta mais verdadeira industria cultural, deixouse de lado a sempiterna discusión sobre a norma escrita. Deixouse caer para o lado menos atrevido: tratábase de conservar a pouca normalidade que o galego podía ofrecer mostrándose como, non sen algunhas variacións, se tiña publicado na maioría da produción bibliográfica e académica dos anos anteriores. Mudar de forma taxativa a lingua mediante a recuperación dunha grafía histórica na actualidade vinculada a un idioma estranxeiro, era ousadía que só un grupo de arroutados mozos e un par de vellos tolos eran capaces de propor.

Manifestación de Queremos Galego. 17 de maio de 2013



Alí estivemos, unha vez máis. E todas as que se precise, denunciando a exclusión do galego, denunciando sobre todo ao goberno que o (nos) despreza acotío.
Noutros vídeos podemos consultar diversas intervencións. Entre elas, a de Carlos Callón, Mercedes Peón e César Cambeiro

domingo, 19 de maio de 2013

Achegarmos o galego a quen (inda) non o usa

por Xabier P. Igleisas no Sermos Galiza:


Que explica esta paradoxal combinación? De entrada amosa con nitidez que o problema da lingua é sobre todo un problema de dimensión colectiva, e xa que logo, política (mais non só legal). É a ausencia de políticas efectivas de estímulo do uso da noso idioma, de salvagarda do dereito á empregar en todos os ámbitos, lugares e momentos, o factor central que explica o feito de que malia existir unha moi maioritaria vontade social de apoio ao galego este continúe a perder utentes ano a ano.

O “sotaque” de Aurelia

por Mariña Pérez Rei, o artigo gañador do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2013 no Praza Pública:

A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha forma de absurdo contra o silencio especulador. O desaloxo pola forza dunha anciá. A súa voz soa (fermosa moradía) contra os especuladores: o seu seseo (implosivo e explosivo), as ultracorreccións en castelán, esa prosodia de arrastre. Porque digámolo xa, o “sotaque” do galego de Aurelia tamén ten algo de desafiuzamento. A muller é despoxada dun espazo que non será de seu, pero que xa lle pertence en recendos, en sabores, en memoria viva. Coma a súa fala, que posúe o sabor da lingua de antano. “Pa onha pallosa que vaian eles! Son ghente muy hodida!” Semella que nacese da súa voz un desaloxo máis amplo. Estandariza o trazo cotián nun harmónico de pronuncias que saben a centeo.
Unha vez fosilizada esa fala familiar e coloquial nas novas xeracións, por obra e graza de tantas e variadas autoridades, ou canonizada na política, na igrexa, nos centros comerciais e no ensino, Aurelia representa esoutras aurelias que responden coa súa fala e dignidade aos burócratas que as sinalan. Humildes aurelias que falan coma unha cheminea ancha botando fume. A fala é casa de seu. Os que a expulsan fóra do seu ámbito vital dan a escusa de que xa ten que ir indo para unha residencia. Aqueles que ten fama de honrados na vila, os que a convidan a abandonar o fogar, representan os falantes do pronome átono fóra de sitio. Llo advertimos. Nolo cuestionamos. Se negociará. Os que non teñen habelencias lingüísticas na lingua do país son os que nos han levar a un moderno plurilingüismo que nos ha situar no mundo. Xaora que si. Empezan a casa polo tellado sobre un pobre alicerce de estrume lingüístico.
“Ghente muy hodida!” Pero ela sabe que ten dereitos adquiridos. Revólvese e reclama, ten voz, non entrega o que sente como propio. Ela é unha inquilina incómoda porque quere casa no centro e rexeita calquera periferia que a desnaturalice e a perverta. Aurelia representa co seu afrautado ton de voz e a tenra vulneración de certas regras gramaticais, un aturuxo galego no medio de tanto enmudecemento. Ela pasa de Coseriu, de Saussure e do Atlas Lingüístico Galego, está moito máis alá, coma todas as nosas mulleres-aurelias que levan desde sempre pagando o alugueiro dun recuncho vital, e teñen conciencia do que lles pertence por dereito adquirido cando llelo expropian.
A fala de Aurelia é intransferible. Coma a pegada dactilar ou o cuspe. Ten un efecto bardo que mesmo supera a codificación do mundo en ceros e uns. Ela non fará declaracións sobre a degradación do idioma que a diario se constata na prensa, no ensino, nas relacións institucionais que desgobernan a nave da cultura. Coa súa voz sinala que os donos do inmoble non o habitan, apenas especulan con el. Outros soñamos un proceso normalizador que devolva ámbitos de uso á lingua, ao tempo que imos fagocitando posibles líderes. Mentres, seguimos tendo o dereito pero non o deber. Porque o deber é un dereito.
Alzheimer colectivo inducido, a extracción da pedra da loucura ou o frautista de Hamelin: a fala de Aurelia non pode ser inútil.
Artigo gañador do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2013

Un outro 'Misterio das badaladas'




Poucas veces comento o que facemos no ENDL do meu centro e que pode seguirse no blogue As Ferreiras, pero desta vez non o din resistido. Xabier Docampo estivo  no centro para inaugurar unha aula co seu nome, a de 1ºB. O alumnado dese grupo quixo ademais agasallalo cun álbum ilustrado realizado por eles mesmos sobre o libro O misterio das badaladas. O traballo realizado é realmente fermoso, e de seguro que Xabier Docampo desfruta con tanto coma o fixeron os rapaces que o confeccionarion este pasado luns escoitando a envolvente palabra do escritor invitándoos a todos á liberación da lectura.

sábado, 18 de maio de 2013

Por umha nova aliança pola língua

por Carlos Calvo, no Sermos Galiza:

Os relatos do “contrato social” o “consenso” ou a “democracia” constituem a cobertura mitológica –a sociodiceia- de origem arbitrária e violenta dos regimes políticos que nos governam, como o saído da Transiçom. “A cada instante da sua existência –dim os Tiqqum-, a polícia lembra-lhe ao Estado a violência, a trivialidade e a obscuridade da sua origem”. O regime lingüístico galego, saído da criaçom da Autonomia e que arrastamos até hoje, nom é umha excepçom. Instaurado de jeito autoritário polos sobreviventes do franquismo contra um modelo prévio mais democrático e contra a vontade da imensa maioria da gente implicada na restauraçom do idioma –professorado, sindicatos, associaçons culturais, partidos políticos, intelectuais, etc.- a essência do Decreto Filgueira apreende-se no funcionamento da sua polícia: cumplicidade com os incumprimentos a nível normalizador; guerra aberta contra a heterodoxia normativa. Nengum professor foi sancionado por negar-se a dar as suas aulas em galego em quanto se perseguia todo um colectivo que dava ao seu alunado umha visom mais plural da língua galega.

O telescópio e a Internet

por Valentim Fagim, no Sermos Galiza:

Na hora de encetar um artigo, um dos momentos mais delicados é saber como vai finalizar. No caso deste escrito é simples: eppur si muove. Foi a frase que, ao que parece, proferiu Galileu Galilei quando tivo que renunciar, perante a inquisição, ao que sabia: a terra gira em volta do sol, não ao revês.

A nai asasina

Velaquí catro letras no Sermos Galiza. Xa sei que dándolle voltas aos falabaratos non se avanzan chanzos na normalización, pero tamén é certo que se non sabemos onde pisamos corremos o perigo de tirarnos polo oco das escaleiras.

A noticia é estarrecedora. Unha nai mata ao seu propio fillo. Mais o estraño do caso é que non o fai por loucura ou por ser vítima dunha situación extrema de presión e exclusión social. Para que o relato fose certo compría que a nai sufrise un proceso de alleamento e de cousificación da criatura. Como non houbo nada diso o suceso vólvese incrible pois, segundo se nos informa, o crime foi cometido paradoxalmente mediante coidados e aloumiños. O único e exclusivo motor do homicidio foi o amor.
Disparatado, non si? Pois iso foi o que declarou Alonso Montero nunha entrevista en Voz TV: “o BNG é como esas nais que queren tanto aos nenos pequenos que os apertan tanto que os abafan”. Non é a primeira vez que escoitamos esta fabulación, normalmente divulgada pola zunia anti-galega para escarnecer, ben a unha asociación ou partido político, como neste caso, ben ás persoas que destacan na defensa do galego. Conviña preguntarse por que non se lle aplica o mito da nai asasina ao exército de salvagarda do español e así comezamos a enxergar os fundamentos do prexuízo que sustenta.Noutra  desafortunada intervención Alonso Montero constrúe un discurso de derrubamento da memoria do galeguismo e a literatura galega. Cando a gran maioría da sociedade descoñece a valentía dun Otero Pedrayo nos máis escuros momentos da ditadura, escribindo un artigo pola morte de Castelao ou impartindo a primeira conferencia pública en galego, o académico non ten mellor ocorrencia que a de rebaixar a figura do escritor de Trasalba destacando del unicamente que falaba en castelán coa súa nai. Xa temos a Otero Pedrayo á mesma altura que Manquiña. A quen beneficia isto? Á normalización da lingua galega non, iso témolo por seguro.Pero aínda hai máis. Nesa mesma entrevista, Alonso Montero gábase da súa intelixente estratexia cando chega a un lugar novo moitas veces comeza falando en castelán. Pero onde se veu caso semellante! Nun presidente da RAG! Sucumbe aos presuntos prexuízos dos descoñecidos para que non o etiqueten como un aldeán, ou o que sería aínda peor, como un nacionalista. E aínda di que o fai para defender o galego. É que aínda non se decatou que a mellor defensa do galego é o seu uso? Sobre todo se ese uso se fai en circunstancias adversas. A actitude de Alonso Montero dá noxo, máis aínda se a comparamos coa da 1700 docentes que valentemente están a impartir as aulas en galego baixo a espada de Damocles do decreto do plurilingüísimo. Velaquí a diferenza entre Alonso Montero e Otero Pedrayo. Pensou o actual presidente da RAG entre  o significado que ten o seu cargo como punta de lanza da normalización? Non pode ser que non o fixera polo que a súa negativa a ser axente principal da normalización é un abandono de funcións que nos dá a medida do que realmente representa e que o inhabilita fronte á historia. Para o presidente da RAG a lingua é un construto sen falantes, unha cousa, quizais unha medalla que levar no peito... cando conveña; e cando non quedará gardada nun caixón.Que podemos esperar de alguén que ao día seguinte de sentarse na cadeira presidencial da Academia Galega envorca unha arenga de reivindicación dunha normativa, a de 1982, que non  trouxo outra cousa que desacordos e dificultades para a normalización da lingua? Unha vez superado o problema, a que vén volver a darlle folgos? Teño a clara impresión de que non se decatou de que  ao nomealo presidente da RAG, estamos deixando nas súas mans unha alta responsabilidade: a de ser o maior valedor do galego. Debería actuar, xa que logo, con prudencia, firmeza e cariño, como se fose o seu pai, como viña facéndoo Ferrín, posiblemente cos seus defectos, pero sempre mantendo un criterio de responsabilidade no que o novo presidente debería espellarse.Hai dous aspectos realmente preocupantes porque nos indican que o sucedido é un síntoma dunha situación patolóxica acubillada no mundo da cultura galega. O primeiro é que todas estas declaracións de Alonso Montero non son unha metedura de pata puntual pois é ben certo que el acredita firmemente en todo o que dixo pois é o mesmo que leva dicindo toda a súa vida. O segundo é que os académicos que o votaron, mesmo só polo feito de seren académicos, sabían moi ben a quen estaban colocando á fronte da RAG. Conviña que nos explicaran a todos de que estaban fuxindo.A ver se despois de todo, o asasino non era a nai, senón o pai.

venres, 17 de maio de 2013

Asolagamento.12



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.11



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.10



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.9



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.8



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.7



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.6




En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.5





En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.4



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.3



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.2





En cooperación co blogue Trafegando Ronseis e o ENDL do IES Pintor Colmeiro, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

Asolagamento.1



En cooperación co ENDL do IES Pintor Colmeiro e o blogue Trafegando Ronseis, realizamos unha solta de vídeos na rede realizados polo alumnado do centro nesta edición do Día das Letras.

xoves, 16 de maio de 2013

Sen Vidal Bolaño, grazas á SXPL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística divulgou a escasos días da celebración do Día das Letras, unha Guía Didáctica para Secundaria na que se indicaba que a TVG facilitaría material audiovisual sobre Vidal Bolaño "a todo aquel centro educativo que estea interesado".

No centro pareceunos que poderíamos ter unha boa oportunidade de achegar á comunidade educativa a figura de Vidal Bolaño por medio do material que, segundo se prometía, nos podía facilitar a CRTVG. Mandamos unha solicitude. A resposta ofrécenos unha medida de ata que punto chega o mal funcionamento da SXPL, ( o suliñado é meu):


En relación coa súa solicitude de cesión gratuita de imaxes relacionadas con
Roberto Vidal Bolaño por parte de Televisión de Galicia, ao abeiro da nota
que figura na páxina 36 da Guía Didáctica para os centros de ensino editada
pola Xunta de Galicia “Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño”,
lamentamos comunicarlles que desde a TVG non podemos prestarles este tipo de
servizo nas actuais circunstancias.

Sentimos as expectativas xeradas por esta información entre os cadros de
profesorado pero desgraciadamente os termos recollidos na Guía Didáctica
non foron consultados coa TVG e non temos coñecemento da fonte que facilitou
esta información, o cal xa puxemos en coñecemento da Secretaría Xeral de
Política Lingüística.




Está claro que se nos centros de ensino se celebra o Día das Letras, non é precisamente grazas ao bo facer da Consellería de Educación. Menos mal que temos o traballo dos ENDL,!

Sobre a TVG
Ben é certo que lle adican parte da programación ao homenaxeado deste 17 de maio e que elaboraron unha páxina con moitos contidos sobre o dramaturgo. Pero o que máis me chama atención é que non aparece por ningures o material audiovisual da TVG no que traballou específicamente Vidal Bolaño. Estoume a referir a "Novo de Parmuíde" e "Un mundo de historias". Allguén sabe a razón?

Libro de auto-axuda

Tal e como anunciabamos Carlos Callón pasou pola Estrada a presentar o seu último libro. O acto foi introducido por X. C. Garrido como membro da A. C. Vagalumes, organizadora do acto.
As primeiras palabras do portavoz de Queremos Galego foron para agradecer a asistencia "nun día no que a pesar de que penisca un pouco, aínda quenta o sol". Había ben de tempo que non lle oía a ninguén  usar o verbo peniscar e que me trouxo á memoria unha das primeiras leccións de sociolingüística que recibín cando era un un neno moi novo. Un familiar meu, que estaba fachendoso de abandonar Ribeira por unha cidade grande comentara con sorna unhas palabras da miña avoa aquel lonxano día. "Mira como penisca!, leva o paraguas", dixera ela. A resposta do meu familiar fóra algo así: "peniscar!, peniscar! Que palabra é esa? Falando así nunca sairedes do atraso no que estades en Ribeira". Desde ese día eu souben o que era o auto-odio.

Un libro de auto-axuda.
Carlos Callón comenzou comentando que se  o seu anterior libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos,  podía enmarcarse dentro do que en sociolingüística se chama planificación do estatus, o libro que viña a presentar caería dentro do marco da planificación do corpus.
Callón apuntou qu exogara co modelo que fornecen os libros de auto-axuda. O propio título é indicativo disto: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Nesta mesma liña comentou que o texto comenza cun decálogo. Como exemplo citou a máxima: "nunca comences unha frase cun pronome átono". A respecto disto citou algunha frase de Núñez Feijóo, moi dado ao incumprimento deste principio básico do bo uso da lingua como, por exemplo, "llo digo e llo repito".
O presidente da Mesa comentou varios outros aspectos gramaticais e aproveitou a ocasión para criticar que nin a Xunta nin a RAG, en 30 anos, nin publicaran nin fixeran unha campaña de divulgación da norma. Lamentou que, por exemplo, non se aproveitara o acordo normativo do 2003 para facelo e comparou este abandono insitucional co caso catlán. En cataluña a primeira campaña insitucional da democracia foi para difundir e afirmar o estándar.

Tres novas e unha invitación
Como retrato da actual agresividade e radicalidade do odio e desprezo á nosa lingua fíxose referencia a tres noticias recentes. Unha delas foi a supresión por parte de AUDASA, de toda a cartelería en galego. Se desde a aprobación da LNL AUDASA incumpriu sistemáticamente a normativa argumentando motivos económicos, agora en plena crise gasta os cartos en eliminar a escasa sinalización en galego que había na autopista. Só podemos comprender o caso desde un posicionamento de incomprensible odio lingüístico.
A segunda noticia que se destacou foi a do kafkiano proceso reaberto contra Carlos Callón, que foi acosado polo xuiz Fraga Mandián de que lle lembrara que debía cumprir as leis en materia toponímica. A día de hoxe Fraga Mandián segue a emdditir sentenzas que atentan conta a LNL e moi posiblemente Callón será condenado contra toda lóxica social e xudicial. Eis a administración de xustiza que padecemos, una xustiza refractaria á normalización, mesmo ao cumprimento da escuálida nromativa pro-galego existente. A administración de xustiza vive na ilegalidade.
A última pnova comentada foi a da longa lista de disparates de Alonso Montero no escaso tempo que leva como presidente da RAG. Carlos Callón cualificou as declaracións do académico como propias de programas do corazón, máis que a dunha figura cun simbolismo especial desde o punto de vista da normalización. Callón explicou que lle doe especialmente que sexa o presidente desta institución quen invite a falar en castelán para que o vexan como a alguén normal. Xa é tempo sobrado de que dimita.
Finalmente, como non, fíxose unha agarimosa invitación a acudir á manifestación do 17 M convodada por Queremos Galego.

mércores, 15 de maio de 2013

Chirimoias ou pan para o galego

por Alba Nogueira, en Praza Pública:

Cando en 1985 no xulgado nº2 de Santiago o xuíz Carlos López Keller absolvía aunha persoa acusada dun delito de danos por ter cambiado o topónimo dun sinal, mal sabía o xuíz que o razoamento usado para a absolución de o acusado terse limitado "a adiantarse á actuación oficial" de cumprimento do mandato estatutario de protexer a lingua propia seguiría sendo unha tarefa por facer en 2013. Outravolta a toponimia e un xuizo penal por inxurias contra o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística ou o cambio ao que está procedendo AUDASA para castelanizar os sinais das autoestradas lembran que a sociedade civil segue "adiantándose" ao que o artigo 5 do Estatuto de Autonomía lle esixe aos poderes públicos. E tamén que son estes poderes públicos, a Xunta de Galicia, a xustiza, os representantes institucionais, os que fallaron clamorosamente ao longo de 30 anos.

Don Avelino Pousa Antelo

por David Otero, no Sermos Galiza:


O día catorce deste mes das nosas letras ( ao ir de Roberto Vidal Bolaño), así como tamén lle atinxe a Chuchiño o fillo de Virxínia Pereiras e de Daniel Castelao, fanse 99 anos de vida de Don Avelino Pousa Antelo ( dicir disto que 98 anos en animosa andadura en clave de resistencia e case que un xa en viaxe para térmolo sempre en nós e connosco).Si, serán noventa e nove anos que debemos ter en presenza e así sen dúbida na nosa memoria ( que é dicir lealdade) e na nosa admiración ( que son afectos militantes). Lucho do Peto, como así lle chamaban na súa casa da Baña de Negreira ( casa con Peto das ánimas) , Lucho de neno, e asemade quen o queríamos e compartíamos tanto de tanto, permanece como un referente necesario na nosa historia e no noso futuro desenvolvemento nacional. O seu estar aquí ( e digo Galicia) foi de traballo e de intencións coherentes a prol de facermos unha Galicia de seu e determinada. Interviu niso con ánimos e entregas a distintas intensidades consonte aos momentos, limitacións, e tempos que lle tocou apandar. Non o tivo doado que se diga. Nunca renunciou ao seu ser galeguista ( na referencia do PG fundacional).

Liña temporal de Roberto Vidal Bolaño



Liña de tempo sobre Roberto Vidal Bolaño realizada no IES San Paio

martes, 14 de maio de 2013

Contra o consenso

por Antón Dobao, en Praza Pública:


Na lembranza de Roberto Vidal Bolaño
Xa o cantaron Hechos Contra el Decoro: “Cuando todo se puede decir, la forma de censura es el consenso”. Tamén Chomsky ten insistido na fabricación do consenso como estratexia de dominación. O concepto marxiano de alienación alude ó consenso sobre a totalidade, no individual e no colectivo. Hexemonía e contrahexemonía, con Gramsci, arrodean tamén as formas de consenso e as de esnaquizalo. Moitos outros autores da esquerda de diversas tradicións tratan diferentes manifestacións do consenso: doxa, sentido común, control, pacto. A razón do mando expresada en consenso. A conciencia da subalternidade e a disensión son, daquela, un delirio inaceptable.

Sen ir máis lonxe



Así homenaxean os de Chévere ao seu compañeiro e amigo Roberto Vidal Bolaño, ofrecéndonos "unha pequena xoia rescatada do arquivo da Nasa, gravada no 1999: a obra Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño, compañeiro de escenarios de Chévere e tertuliano da barra da desaparecida Nave de Servicios Artísticos de Santiago".
Aquí vai a 1ª das cinco partes da gravación que se irán ofrecendo durante estes días desde o recomendabilísimo portal da Rede Nasa.

luns, 13 de maio de 2013

Aquel córner

por Francisco Castro en Praza Pública:


Todos os que vivimos nas cidades, no meu caso, en Vigo, nun entorno urbán e céntrico e que falamos sempre en galego e educamos aos fillos e fillas na lingua propia do país, temos un cento de anécdotas (por dicilo en positivo) arredor deste feito, que nos serven para ilustrar o difícil do noso labor ao tempo que deitar unha lección de sociolingüística frenopática deste país esquizoide no que, como a cantante Ses dicía aí atrás nun concerto, os cativos que falan galego andan tristes porque lles din que son raros. E temos centos de historias para contar. Historias de xente que nos ten preguntado que por que o facemos (falar en galego en Galicia, excentricidade onde as houber), a veciños cun marcadísimo sotaque galego que nos din que non nos entenden cando lles falamos.

5 mentiras sobre a lingua galega.1

Estas mentiras están tiradas do libro '55 mentiras sobre a lingua galega', editado no seu día grazas ao colectivo Prolingua de defensa da lingua galega sobre un traballo de Xosé Henrique Costas.
Velaquí as 5 primeiras mentiras que recollo aquí da conta de twitter de Prolingua.







sábado, 11 de maio de 2013

A lingua da súa preferencia

por Valentina Formoso, nas voces de Prolingua:


Os pais de Xiana xa fixeron a preinscrición na escola infantil na que querían e os de Lois tamén. Estes xa asumiron que dificilmente o seu neno vai adquirir competencias en lingua galega durante os seus tres anos na educación infantil, é máis, seguramente perda a lingua que leva da casa, onde toda a familia é galegofalante agás a irmá que deixou de selo no segundo mes de escolarización no CEIP urbano ao que está adscrita a súa vivenda.

A Xunta non quere aos escritor@s galeg@s

por Francisco Castro, no Galicia Confidencial:

O pasado sábado estivemos, os escritores e escritoras de Galicia, xuntos na Coruña para celebrar a Gala das Letras que, cada ano, premia as obras que a xuízo do colectivo literato, foron as mellores do ano anterior. Por vez primeira na historia, e a pesar de ter sido convidados, segundo me confirman dende a directiva da AELG, ningún representante da Xunta acudiu. Estivemos sós. Ninguén do goberno galego quixo acompañarnos. Abandoados.

Carlos Callón presenta o seu último libro na Estrada


A Asociación Cultural Vagalumes organiza a presentación do libro de Carlos Callón Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez para este vindeiro mércores 13 de maio, na Estrada. 
Unha boa forma de preludiar a manifestación do 17 de maio en Santiago.

xoves, 9 de maio de 2013

Perseguidos por defender a lei e estranxeiras na propia patria.

por Susana Méndez, no Sermos Galiza:

Estes días áchome inmersa nos traballos de organización previos á manifestación que desde a Plataforma Queremos Galego vimos de convocar para o vindeiro día 17 de maio (12h, Alameda de Santiago).

Rosalía de Castro con música de Ludovico Einaudi



Vídeo no que podemos ver como o alumnado do IES Pazo da Mercé recitan o poema de Rosalía "Mais ó que ben quixo un día" ao compás da música "Nuvole bianche", unha composición de Ludovico Einaudi. Teñen todo un equiPAZO.

mércores, 8 de maio de 2013

martes, 7 de maio de 2013

Ilusións coas matemáticas


matematicas from lingualiza on Vimeo.

No IES de Rodeira celebraron a Semana da Ciencia con diversos traballos. Destaco o de matemáticas porque é o que máis me tira, pero tamén fixeron achegas sobre mundo da informática ou da tecnoloxía, que son tamén tres formas de amosar un mundo normalizado desde o ensino na exposición da Semana da Ciencia do IES de Rodeira.
Este ano, o traballo de matemáticas tivo un carácter divulgativo-xeométrico xa que se centrou nas ilusións ópticas. O alumnado explica como xogando coa perspectiva, cor, movemento e tamaño dos obxectos  pode mos enganar aos sentidos. Isto non é máis que o primeiro paso para compendermos como xogando coa lingua e as mentiras podemos enganar ao entendemento, que é o que fai decote a Consellería de Educación ao tratar o tema da normalización e do uso do galego no ensino.
Parabéns ao IES de Rodeira polo bonito traballo desenvolvido.

luns, 6 de maio de 2013

Don Roberto González Pastoriza

por Xosé González, no Faro de Vigo e en Galeguizar Galicia:

Que o futuro da lingua galega non se xoga unicamente nos ámbitos da cultura e menos aínda no da literatura está máis que constatado. Hai ben tempo que algúns vímolo dicindo e procurando novos espazos sociais.

Ollos de aula.7

Por suposto, coa figura de Roberto Vidal Bolaño en lugar destacado, chega o nº 7 da revista da Coordinadora Galega de ENDL.

Ollos de aula. Nº 7 by cendl

Recursos educativos sobre Roberto Vidal Bolaño

Materiais Didácticos, información variada sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño, bibliografía, ligazóns, material audiovisual, recollida de actividades en centros escolares, e incluso máis cousas; todo isto é o que desde o pasado 23 de abril nos ofrece a Coordinadora Galega de ENDL para celebrar desde a escola o día das Letras Galegas 2013 coa garantía de que toda esta recompilación se irá actualizando.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrécenos os habituais carteis que se veñen distribuíndo todos os anos, así como guías didácticas para primaria e secundaria. Todo isto podemos consultalo neste espazo da SXPL espazo habilitado para Vidal Bolaño. A imaxe que reproduzo aquí está tirada dos carteis elaborados polo Ceip ADR Castelao de Rianxo, centro gañador do certame de carteis para primaria.
Este ano, ademais elaborouse un tríptico co fin de dar a coñecer as principais característica da figura homenaxeada o 17 de maio.


NOTA: No momento da publicación deste post a Secretaría Xeral de Política Lingüística aínda non divulgara a ligazón á que fago referencia nesta anotación e que nos achegará ás súas propostas para o Día das Letras e isto sucede cando só faltan 10 días para a súa celebración. Desleixo? desprezo? incomprensión dos modos de funcionamento dos centros escolares?
Pregúntome como pretenden que desde os ENDL se programen actividades se quen debería dar exemplo e fornecernos de materiais, son os primeros en incumprir.

domingo, 5 de maio de 2013

sábado, 4 de maio de 2013

Do estigma á estima

por Carlos Negro, que nos achega a primeira recensión do libro de Valentina Formoso, no Sermos Galiza:


Propostas para un novo discurso lingüístico, da autoría da profesora Valentina Formoso Gosende; un ensaio que ofrece, a partir da análise das actitudes da mocidade en contextos sociais galegofalantes, unha mostra significativa da persistencia dos estereotipos negativos sobre a lingua galega, cun monllo de preconceptos que explican a deslealdade lingüística da xente máis nova, e que poñen en evidencia, máis alá da frialdade estatística, o noso fracaso colectivo como sociedade á hora de construírmos un imaxinario social positivo a prol da normalización do idioma.

venres, 3 de maio de 2013

Háblale castellano



Anda Xosé Mª Lema a presentar o seu, por certo exitoso, libro A costa do solpor, por Galicia adiante. Isto fíxome lembrar un comentario que fixo nun seu discurso "Catro satisfaccións e un fondo pesar"  elaborado para a recepción do premio Reimóndez Portela do 2010. Alí criticaba a política lingüística que estaba a desenvolver a Xunta:

¡Fálalle galego! ¡Tempos aqueles en que desde esta Consellería se promovía o uso do galego! Todos lembramos a foto daquela nai moza nunha ventá co seu neno no colo recibindo a suxestión coma un murmurio. Hoxe sería impensable, pois desde a propia Consellería se diría que a frase era impositiva e habería que poñela bilingüe (“Fálalle galego/ Háblale castellano –o supostamente trilingüe de “Speak in English” todos sabemos que é unha vía-trampa para ir substituíndo en certos colexios as materias en galego polo castelán-),
Quixen facer aquí realidade este parágrafo para evidenciar fotográficamente o o disparate do discurso ofical a día de hoxe. Cando o emprego do galego entre os máis novos non chega ao 10% promóvese seguir reducindo o seu uso mediante disposicións tales como o decreto para plurilingüismo, a constitución dos centros plurilingües ou o apoio á LOMCE.

mércores, 1 de maio de 2013

17 de Maio: Ricardo Carvalho Calero

por Pilar García Negro, no Sermos Galiza:

Quixo a casualidade que Ricardo Carvalho Calero ingresase na Real Academia Galega un 17 de Maio. Foi no ano 1958, cun discurso titulado “Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía”. Hai 55 anos; faltaban, logo, 5 para que a tal data, a proposta de Fernández del Riego, fose consagrada como o Día das Letras Galegas. Carvalho fora proposto por tres significados membros ourensanos do Grupo Nós: Otero Pedraio, Cuevillas e Ferro Couselo. O ilustre escritor non recuperaría os dereitos civís até 1965. Aínda faltaban tamén sete anos para poder opositar á praza do ensino medio que combinou coa docencia de Lingua Galega na Universidade e aínda faltaban máis outros sete para poder gañar a oposición á cátedra de Lingüística e de Literatura Galega da mesma. Sobre a débeda que a RAG contraíu con don Ricardo e nunca pagou non volverei falar agora -fíxeno abondosamente noutros escritos-. Fóra da RAG, coido que toda institución que leve o nome de Rosalía de Castro ou dela se ocupar debera escreber con letras de ouro o nome de quen tantas páxinas dedicou á nosa escritora central, con tal prodixio de investigación, erudición e dedicación continuada.