Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 3 de maio de 2013

Háblale castellano



Anda Xosé Mª Lema a presentar o seu, por certo exitoso, libro A costa do solpor, por Galicia adiante. Isto fíxome lembrar un comentario que fixo nun seu discurso "Catro satisfaccións e un fondo pesar"  elaborado para a recepción do premio Reimóndez Portela do 2010. Alí criticaba a política lingüística que estaba a desenvolver a Xunta:

¡Fálalle galego! ¡Tempos aqueles en que desde esta Consellería se promovía o uso do galego! Todos lembramos a foto daquela nai moza nunha ventá co seu neno no colo recibindo a suxestión coma un murmurio. Hoxe sería impensable, pois desde a propia Consellería se diría que a frase era impositiva e habería que poñela bilingüe (“Fálalle galego/ Háblale castellano –o supostamente trilingüe de “Speak in English” todos sabemos que é unha vía-trampa para ir substituíndo en certos colexios as materias en galego polo castelán-),
Quixen facer aquí realidade este parágrafo para evidenciar fotográficamente o o disparate do discurso ofical a día de hoxe. Cando o emprego do galego entre os máis novos non chega ao 10% promóvese seguir reducindo o seu uso mediante disposicións tales como o decreto para plurilingüismo, a constitución dos centros plurilingües ou o apoio á LOMCE.

2 comentarios:

  1. Dou fe disto. Lembro que lle dixen directamente a Vázquez Portomeñe -mantedor do acto e conselleiro de Educación na época da promoción do cartel- que aquel eslogan sería hoxe considerado "impositor del gallego" polo conselleiro do ramo, Jesús Vázquez. Tamén lle dixera que daría un ollo da cara porque el -Portomeñe- fose e meu conselleiro de Educación.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo comentario.
    Escribín esta entrada polo que referín na mesma, porque ao ver nun sitio en internet o cartel veume á memoria esta túa intervención. O que non lembraba é que o mantedor do premio era Portomeñe.

    ResponderEliminar