Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 16 de maio de 2013

Sen Vidal Bolaño, grazas á SXPL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística divulgou a escasos días da celebración do Día das Letras, unha Guía Didáctica para Secundaria na que se indicaba que a TVG facilitaría material audiovisual sobre Vidal Bolaño "a todo aquel centro educativo que estea interesado".

No centro pareceunos que poderíamos ter unha boa oportunidade de achegar á comunidade educativa a figura de Vidal Bolaño por medio do material que, segundo se prometía, nos podía facilitar a CRTVG. Mandamos unha solicitude. A resposta ofrécenos unha medida de ata que punto chega o mal funcionamento da SXPL, ( o suliñado é meu):


En relación coa súa solicitude de cesión gratuita de imaxes relacionadas con
Roberto Vidal Bolaño por parte de Televisión de Galicia, ao abeiro da nota
que figura na páxina 36 da Guía Didáctica para os centros de ensino editada
pola Xunta de Galicia “Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño”,
lamentamos comunicarlles que desde a TVG non podemos prestarles este tipo de
servizo nas actuais circunstancias.

Sentimos as expectativas xeradas por esta información entre os cadros de
profesorado pero desgraciadamente os termos recollidos na Guía Didáctica
non foron consultados coa TVG e non temos coñecemento da fonte que facilitou
esta información, o cal xa puxemos en coñecemento da Secretaría Xeral de
Política Lingüística.




Está claro que se nos centros de ensino se celebra o Día das Letras, non é precisamente grazas ao bo facer da Consellería de Educación. Menos mal que temos o traballo dos ENDL,!

Sobre a TVG
Ben é certo que lle adican parte da programación ao homenaxeado deste 17 de maio e que elaboraron unha páxina con moitos contidos sobre o dramaturgo. Pero o que máis me chama atención é que non aparece por ningures o material audiovisual da TVG no que traballou específicamente Vidal Bolaño. Estoume a referir a "Novo de Parmuíde" e "Un mundo de historias". Allguén sabe a razón?

2 comentarios:

  1. Outro acto máis de desleixo da SXPL, e xa perdemos a conta dos que levan. Complemento de produtividade espero que non cobre o nachiño.

    ResponderEliminar
  2. O xefe da SXPL está aí para xustificar todo o que se faga: hoxe mesmo soltou o disparate de que a LOMCE non afecta para nada ao estatus do galego.
    Debe carecer de importancia que, por exemplo, a materia de lingua galega sexa clasficada de terceira categoría segundo esa nova funesta lei.

    ResponderEliminar