Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 26 de maio de 2013

A Galipedia explicános como navegar en galego

Todo navegador incorpora unha lingua como predeterminada. Esta vai ser a lingua que teña prioridade á hora de navegar pola rede.
Para que os navegadores presenten preferentemente as entradas da Galipedia, a posibilidade de descarga e acceso a materiais en galego, cómpre telo configurado co galego como lingua de preferencia. Neste mesmo blogue xa fixéramos referencia a unha ferramenta que nos explica como facelo nos navegadores Chrome, Firefox e Explorer: o blogue navega en galego. Mesmo aquí na columna da dereita temos un acceso directo a esta aplicación.
Agora presento unha páxina, precisamente da  Galipedia, na que se explica o mesmo nunha maior variedade de navegadores. Ademais dos anteriormente citados están Aora, Konkeror, Opera e Safari.
O que realmente compría, sería que as computadoras que nos venderan viñeran coa pre-configuración nos navegadores na nosa lingua. Deste xeito, os que navegamos en galego somos unha especie de obxectores ao sistema imposto. Para facer isto realidade compría unha outra política lingüística, que a Xunta se preocupara realmente sobre o asunto e que se estableceran leis de consumo que garantiran a protección da nosa lingua.
Polo de agora temos o de sempre. Centos de leis que protexen a lingua hexemónica: o castelán.


Vía Chuza!

Ningún comentario:

Publicar un comentario