A diversidade lingüística é unha característica fundamental da humanidade. A principal evidencia da deshumanización da civilización nas últimas décadas evidénciase na continua desaparición de linguas a unha taxa de dúas por mes. Os seguintes vídeos van cargados de tristura. Neles podemos escoitar algunhas cancións dos últimos falantes dalgunhas linguas, hoxe xa desaparecidas.
No primeiro Helen e Bobby Hogg cantan en cromarty, unha lingua escocesa. O seu último falante foi Bobby, morreu en outubro do 2012.
Boa Sr era a última superviviente dos Bo.
No seguinte vídeo Lydia Bolxoeva, é unha dos menos de 40 falantes da lingua Tofa, tamén nos canta unha triste canción:
Ningún comentario:
Publicar un comentario