Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
domingo, 19 de maio de 2013
Un outro 'Misterio das badaladas'
Poucas veces comento o que facemos no ENDL do meu centro e que pode seguirse no blogue As Ferreiras, pero desta vez non o din resistido. Xabier Docampo estivo no centro para inaugurar unha aula co seu nome, a de 1ºB. O alumnado dese grupo quixo ademais agasallalo cun álbum ilustrado realizado por eles mesmos sobre o libro O misterio das badaladas. O traballo realizado é realmente fermoso, e de seguro que Xabier Docampo desfruta con tanto coma o fixeron os rapaces que o confeccionarion este pasado luns escoitando a envolvente palabra do escritor invitándoos a todos á liberación da lectura.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Entre os moitos sentimentos que o afecto dos amigos e amigas me producen está o do pudor de comentar a forma xenerosa en que me atencionan, mais teño hoxe que facer unha excepción.
ResponderEliminarCom moi ben se di aqué, o luns pasado, 13 de maio, estiven no IES Manuel Colmeiro de Silleda. Chamoume a miña boa amiga Gracia Santorum, e non podía facer ningunha outra cousa que non fose acudir. Entre as moitas atencións que comigo tiveron foi unha a de de lle dar o meu nome a unha aula, non é a primeira vez que me ocorre, hai algunha outra aula por aí que leva o meu patronímico na porta, e a todos lles estou agradecido, pero teño que dicir que neste caso a placa é a máis bonita de todas.
Máis cousas me sucederon e non foi a menos importante estar a falar cos alumnos e alumnas de 1º da ESO, que ademais me agasallaron con dramatizacións dalgúns contos meus e o exemplar único d’O misterio das badaladas en forma de álbum que eles e elas fixeron para min. Tamén foi moi agradábel conversar cos alumnos e alumnas de 3º.
E sucedeu tamén o afortunado suceso de ter coñecido persoalmente a Cibrán Arxibai, blogueiro intelixente e activo blogueiro a prol da nosa lingua e da súa normalización, home que goza desde hai un tempo do meu respecto e da miña admiración persoal.
Que alegría me acabas de dar!!!
ResponderEliminarGrazas aos dous. Non puiden contestar antes.
ResponderEliminarQuédame a mágoa de non poder estar na inauguración da placa ou nas actividades, máis aínda despois dos comentarios que me fixeron sobre o seu desenvolvemento.
Quédolle especialmente agradecido a Xabier Docampo pois acolleume no meu centro como ninguén aínda o fixera.
Cibrán, eu acóllote mellor todos os días!!! Que inxustiza!
ResponderEliminar