A Consellería de Medio Rural está cometedo u novo atentado contra a lingua pois vén de iniciar uha campaña co estrafalario lema de "Cómete o mar" [sic]. Por se alguén aínda o dubida, pode visitar o portal ou a páxina de facebook.
As queixas non tardaron en chegar. Mais veremos como desde a Xunta non fan moito caso. Desde que entrou Feijóo no goberno xa se repetiron casos semellantes a estes [Gallega 100%, O teu sague é vida. Compártea, o spot do 8 de marzo "Eu son pilar", "Non sexas cómplice dun crime": preparados, apunten, lume!, Coida Galicia- Carino, a sinalectica "Camino de Santiago", o ataque atrabiliario de Turexpo, os anuncios que se están emitir na RAG "da mel de Galicia", ou mesmo a SXPL deturpando a toponimia, por non falar da publicidade directamente en castelán]
Todas estas iniciativas son, máis que nada, campañas contra a norma e, sobre todo, contra a normalización. Nelas divúlgase a idea de que o galego é unha lingua feble, sen calidade; foméntase a inseguridade lingüística. Unha chea de accións da Xunta na promoción do abadono da lingua.
Pregútome cara onde derivará este camiño que tomou a Xunta, a institución que para os galegos é o primeiro referente da promoción e defensa do galego. Non se trata de que teña que intervir unha feble SXPL pedíndolle de favor á conselleira de Medio Rural que corrixa a campaña. Estes son os exemplos da política lingüística que desenvolve o goberno: nula transversalidade, nada de respecto nin de coidado polo galego. Pola contra, aínda teremos que escoitar falar a Valentín García de que o decreto para o plurilingüismo non pode cegarnos respecto da política lingüística pois é o único punto de desacordo e que o importante é que non só o ensino, senón no resto dos ámbitos, hai que establecer medidas de apoio e promoción do galego. Xa se ve.
Que será o próximo? : Cómeto, To comes? Te o comes? cómesto?...Mentres, o único que vemos comesto é a normalización.
P.S.:
Pola creatividade galega e a calidade lingüística, da CTNL
Un manifesto pide á Xunta que paralice as campañas con erros lingüísticos. 31/05/2013, Praza Pública
A campaña da Xunta 'Cómete o mar' suscita polémica por non coidar a lingua, 31/05/2013, Sermos Galiza
A CTNL demanda que a Xunta paralice as campañas que descoidan o galego, 31/05/2013, no Sermos Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario