Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 25 de maio de 2010
Medidas contra a crise: eliminar o galego
A zunia non para de inventar, temos a podredume dentro do país. Un dos maiores enimigos do galego, Carlos Negreira, probable candidato á alcaldía da Coruña polo PP, pedía o pasado día 22 a supresión da concellería de normalización como unha medida a ter en conta para afrontar a crise.O argumento que daba era terrible: esa concellería ten ,ao seu entender, “poco sentido porque aquí que no hay nadie al que normalizar a día de hoy”
Se ides á web dese personaxe, cousa pouco recomendable, veredes que o seu odio ao galego non ten cancelas, é un odio aberto e que fomenta continuamente. Pretende reducir o uso do galego ata onde poida e con todas as súas forzas e nunca deixa de desprecialo, aínda que para iso teña que demostrar a súa falta de cultura, o importante para el é o odio, o racismo a todo o que cheire a galego. Unha mostra:
Somos partidarios de que cada vecino pueda utilizar el idioma que estime conveniente para expresarse. Por lo tanto estamos a favor de la libertad y rechazamos cualquier tipo de imposición. En este contexto, estamos claramente a favor de que se puedan utilizar los topónimos indistintamente en castellano o en gallego. En este sentido, estamos a favor de que se establezca legalmente la posibilidad de utilizar La Coruña o A Coruña.
Agora a toponimia é unha cousa de escolla personal. Se nos tiramos por esta costa abaixo pronto escoitaremos dicir que iso de que o franquismo foi unha dictadura ou un movemento de rexeneración democrático tamén será cuestión de escolla. Por divulgar ideas racistas como esta xente como Carlos Negreira en Alemania sofrirían penas de cárcere.
Ah! Esta última perla soltouna nun encontro dixital organizado por un medio tamén moi proclive á normalización: La Voz de Galcia.
A ver como se fomenta o uso do galego en ámbito ningún sabendo que o partido político que dirixe este señor na Coruña é o mesmo que ten nas súas mans a política lingüística de Galicia.
Etiquetas:
Carlos Negreira,
Medios,
onomástica,
zunantes
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario