Se cadra non habería que desconfiar da iniciativa do actual presidente da Xunta sobre a necesidade de acadar un acordo sobre a lingua. Pódese entender a desconfianza das forzas políticas da oposición diante dunha proposta de consenso nunha cuestión que lle comeza a proer ao Partido Popular nas súas entrañas. As razóns desta desconfianza son claras e basicamente resúmense só nunha que é a total responsabilidade da dereita española en Galiza á hora de formular unha inexistente batalla por mor da nosa fala.
¿Como achegarse a un acordo cando sectores da FAES na nosa Terra loitan a peito descuberto a prol da supremacía do español sobre o galego e o PP de Galicia está en liña con eles? Ademais, o que podería ser unha proposta trampa sobre o galego, feita polo Alberto dos populares, provoca desacougo non só entre boa parte da clase política galega, senón tamén en amplos sectores sociais que sen animadversión ningunha sempre defenderon o galego coma se dun verdadeiro tesouro se tratase.
Incitan á desconfianza as iniciativas do goberno galego empregando en días de crise milleiros de euros a favor do inglés, fala non oficial, malia ser unha lingua importante, coma tamén o demostra que senlleiros integrantes do Consello da Xunta se referisen a coñecidas vilas galegas traducíndolle o seu nome ao español de xeito ben ridículo por certo. Onde nos quere levar Feijóo só el o sabe, pero a primeira iniciativa para achegar un acordo político aos diferentes sectores galegos sería paralizar o ideoloxizado decreto Trilingüista e abandonar esas actitudes tan centralistas coma a de coidar que a fala galega é de pailáns e que o seu coñecemento non leva a ningures. Habería que lembrarlles o que lle escoitei ao meu ben prezado Carlos Mella: As linguas non son importantes polo número de falantes, senón polo que se fala e escribe nelas.
Eu engadiría ao anterior que as linguas son realmente importantes polo sinxelo feito de ser canles de comunicación persoal. O odio ao galeguismo, e ao galego desta nova xeración popular que ataca sistematicamente os nosos sinais identidade é desproporcionado e non se entende en condicións normais coma rachan o consenso lingüístico en vigor dende hai ben anos. O mimetismo con Génova que mantén o PP en Galiza nos costumes, métodos e prácticas é tal que teñen que ir os de aquí moito máis aló que os propios madrileños. Todo o fan coma unha mala imitación: así o fixeron na última campaña electoral galega -noxenta sen máis definición-, ou cando algúns dos seus membros se poñen medalliñas presumindo ao falar en español no Parlamento Galego, etc.
Non é críbel a proposta do actual inquilino de Monte Pío de consensuar unha cuestión na que eles sinxelamente non cren e que lles causa verdadeiros vómitos. É encomiábel ver a Rafa Cuiña na manifestación convocada por Queremos Galego o pasado dezasete, pero é indicativo que o galeguismo no Partido Popular xa non existe e o pouco que había o mata nos nosos días acotío Núñez Feijóo. Se a historia está así non parece anormal a actitude desconfiada da oposición, o que parecería irresponsábel sería crer nesta proposta á primeira.
Despois do feito polo goberno do PP en materia de fala, se queren chegar a algún acordo parecería positivo, pero terían que ir máis aló que a simple proposta nos medios de comunicación. Así estamos en Galiza de demagoxias baratas e estragos de rebaixas; pero claro, o que debe desexar Núñez Feijoo é mexar por nós e nós ter que dicirlle que chove. Tristemente repítese a historia, pero non contan os do PP con que os galegos hai tempo que deixamos de ser un pobo resignado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario