A Cuíña preocúpanlle as actitudes das novas xeneracións do BNG na manifestación do 17 de maio. Pero se o pensa un pouco supoño que lle parecerá máis preoupante aínda a actitude doutras Nuevas Generaciones ao non asistiren á manifestación.A nosa crítica á organización da manifestación vai por outro lado.
Avelino Pousa Antelo acaba de celebrar hai menos dunha semana o seu 96 aniversario. Ninguén dubidará que el estaría na praza do Obradoiro se puidese. Avelino é a conexión de todos eses que hoxe en día queremos o galego e a xeneración de Castelao.
Cando na mañán do Día das Letras conducía cara Santiago, ía practicando iso de "parabéns no teu día, nesta data querida...". Mais a organización da manifestación non se lembrou de Avelino. Imperdonable.
Aínda máis se lembramos algunha das súas intervencións dos últimos anos nas manifestacións de Queremos Galego. Minuto 4.
Ningún comentario:
Publicar un comentario