Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 18 de maio de 2010
Pacto contra peido
Isto do 17 de maio dá un traballiño... A ver se paran as colaboracións, ou mellor, a ver se se distribúen polo ano adiante, que sup0ño que os outros días tamén hai que usar algunha lingua, non?
Hoxe destácase en todos os medios que Feijóo ofreceu onte un gran pacto lingüístico, eu máis ben diría que o que propuxo foi un gran peido lingüístico. Aclaro porque quero ser preciso.
Durante a dixestión, as encimas segregadas polo páncreas e o estómago encárganse de romper moléculas grandes, a fin de que poidan ser absorbidas no intestino delgado. Isto xera sempre residuos que o corpo ten que eliminar en forma sólida e líquida (que podemos relacionar cos excrementos) e en forma gasosa (peidos, bufos ou ventosidades). Este últimos, debido a producírense nun ambiente anaerobio teñen un mal cheiro, pero en definitiva lévaos os vento, dilúense no ar.
Pois iso foi o que pasou onte no Courel. O presidente chegou alí despedindo o tufo do decreto que levaba no peto, e soltou ao ar o exabrupto ese do gran pacto cando todos sabemos que o gran pacto de consenso está feito xa hai anos no Parlamento galego e chámase Plan Xeral de Normalización. Pois que se cumpra.
Etiquetas:
cousas,
Política lingüística,
versus
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario