Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 26 de maio de 2010
O profesor idiota
A UAC (unidade de atención a centros) é un punto único de acceso ó soporte técnico e asesoramento nas TIC para os centros educativos de ensino non universitaria de Galicia. Este acceso ofrécese mediante teléfono, correo electrónico, fax ou web e a asistencia realízase tanto "on line" como "in situ". Polo tanto a uac é un servizo da Consellería de Educación que ten como usuarios única e exclusivamente a profesores e administrativos.
Eu tiven que lle facer unha consulta á UAC e mandáronme unha mensaxe confirmando que a estaban tramitando:
Informámoslle que a súa solicitude de servizo foi rexistrada na UAC cos seguintes datos[…]
Para máis información pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros da Consellería de Educación
Ata aquí todo ben, pero resulta que seguín lendo:
Le informamos que su solicitud de servicio ha sido registrada en la UAC con los siguientes datos: […]
Para más información puede ponerse en contacto con la Unidad de Atención a Centros de la Consellería de Educación…
Non creo que haxa ningún profesor (adminsitrativo) que ao ler o primeiro parágrafo necesite do sengundo para entendelo. Se o houbera sería un idiota, do que, en pura lóxica, conclúo que a UAC considera que eu son un idiota. Aínda así, aínda sabendo que aos idiotas o mellor é non lles facer caaso, mandeilles unha instancia de protesta:
Na mensaxe que me enviaron vén o mesmo comunicado en galego e en castelán, do cal se deriva que o galego é unha lingua inúltil que ten que ir sempre da man do seu irmán maior, o castelán. O único sentido que ten o facer accións como esta é a de minusvalorar o idioma de noso e actuar na dirección contraria á normalización.
Estiven a punto de continuar, mais que nada para facerlles saber a opinión que eu teño sobre o que tivo a ocurrencia de duplicar o texto:
En el mensaje que me enviaron viene el mismo comunicado en castellano y en gallego, de lo cual se deriva que el gallego es una lengua inútil y que tiene que ir siempre de la mano de su hermano mayor, el castellano. El único sentido que tiene hacer acciones como esta es la de minusvalorar nuestro idioma propio y actuar en la dirección contraria a la normalización.
Pero polo momento non o fixen.
Xa hai máis dun mes disto. A única resposta que tiven a ta o día de hoxe foi unha confirmación de que estaban tramitando a miña queixa mediante un e-mail no que apareceía o primeiro parágrafo… e de seguido o segundo, claro… para o idiota.
Se hai algún idiota coma min lendo isto e que teña conta de correo da xunta podería mandarlles unha queixa nos mesmos termos que a miña. De suguro que recibe unha confirmación da tramitación da súa quixa, e seguro que o toman por idiota. A dirección para os idiotas: uac@edu.xunta.es
Etiquetas:
cousas,
Educación,
Normalización
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario