Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 28 de maio de 2010

Eurovisión contra o galego

Hai aproximadamente un mes os representantes do PP no senado votaban en contra do uso do galego... no senado. O argumento, que incluso usou o presidente da Xunta, é que era moi caro. Canto? 100.000 € anuais. Ben serían 100.00 € repartir entre galego, euskera e catalán. Nós teríamos a culpa de aproximadamente 33.000 €. Moitos cartos, inasumible.
Nós non podemos facer outra cousa que darlles a razón, demasiado gasto. Moitos euros para a promoción, prestixio e visibilización da nosa lingua.
Hoxe, nun artigo de Galicia Hoxe preguntábanse canto custaba eurovisión. Por se non queredes ir á ligazón respóndovos eu, cada ano de concurso en Eurovisión equivalen a 9 anos de presenza do galego no senado.
Está claro, postos a escoller entre 1.Chiquilicuatre e 2.o galego, Feijóo prefire 1.el briquindans, 2. el crusaíto, 3. el maiquelyackson y 4. el robocop.
Perrea, perrea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario