Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 21 de maio de 2010

Blogaliza, premio Rosalía de Castro

Parabéns a Blogaliza.org, web que seguimos a diario e que, polo momento, redáctase en galego. Cos novos tempos de seguro que a obrigan a que a metade dos seus contidos deben ser en castelán, por iso do equilibrio.
Esquecíaseme: os parabéns son porque unha asociación (un tanto rara, por certo) acaba de darlle o premio Rosalía de Castro 2010. Seguro que a Rosalía lle había de gustar Blogaliza. E menos mal que este primeiro premio Rosalía á normalización tivo un gañador merecedor de tal escritora, ... lembremos os premios Castelao.

Ningún comentario:

Publicar un comentario