Así como hai zunantes que poñen todo o seu empeño en destrozar a nosa lingua e actúan, con completa impunidade, por certo, incumprindo a Lei de Normalización facendo bandeira de topónimos ilegais e deturpados, tamén hai xentes, como Xosé Lois Villar, aos que cómpre recoñecer o seu labor no estudo e no traballo que realizan na recuperación da toponimia.
Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo do Instituto de Estudios Miñoranos, falou onte nas III Xornadas da Asociación de Museos e Centros de Patrimonio Cultural Marítimo de España dos máis de 1.300 nomes relacionados co mar (liña costeira, asentamentos e instalacións portuarias...) que recolleu en tan só 60 quilómetros de costa dende a desembocadura do río Miño até Nigrán. Vilar subliñou que destes 1.300 topónimos, máis de 1.000 non estaban rexistrados en ningún escrito coñecido e corrían o risco de esquecerse para sempre xunto coa tradición oral.
Se, por exemplo, bogamos nunha dorna entre a desembocadura do Miño e Nigrán, agora xa sabemos onde o faremos.
Se, por exemplo, Carlos Negreira, Ignacio López-Chaves, Pedro Arias ou calquer outro zunante afoga en Praia América, ese non saberá onde afogou.
E moi importante manter a nosa tradición oral. Bo traballo.
ResponderEliminar