O outro día vin na prensa que a Consellaría de Educación acaba de lanzar unha campaña pedagóxica baixo o lema de The World Around Us Speak English. Despois da gargallada que se me escapa ao detectar o gran fallo gramatical dese inglés tan fino, tan promocionado pola Xunta, cavilo unha vez máis no paradoxo. Un goberno autonómico, por non lle chamar nacional, inviste cartos durante unha crise económica nas dúas linguas máis poderosas do mundo, mentres tenta esganar o idioma do seu propio fogar. Á maneira dunha novela de ciencia ficción, sempre tan aptas para revelar as verdades incómodas, púxenme a imaxinar o país que Feijóo quere que sexa Galiza, cando menos lingüisticamente. Eis a utopía lingüística de Feijóo.
Hai uns anos o decretazo entrou en vigor, a pesar dunha chea de preitos e protestas. Agora, os nenos galegos aprenden por terzos en castelán, inglés e galego. Como era de agardar, as forzas culturais galeguistas manteñen unha viva resistencia ás políticas lingüicidas do goberno de Feijóo, pero non se pode negar que estas van acadando os obxectivos arelados. Reina de novo a falsa impresión de que o galego é o de menos, e que o máis importante para ter boa carreira, para ser cosmopolita, é falar e escribir ben o castelán e dominar o inglés, of course. Os sociolingüistas detectan unha diminución de galegofalantes, de maneira que en todas as grandes urbes o castelán é xa a lingua principal da mocidade. Tamén se aprobaron outras medidas. Cada vez hai menos rótulos e indicadores viarios en galego. Cero publicidade. Galiza conserva as súas paisaxes, a súa gastronomía, pero algo apodrece na autonomía galega... Mantense o loito.
O mellor das utopías é a súa etimoloxía: son de ningures, non existen para ben e para mal. Esta breve visión lúdica que acabo de bosquexar é toda unha distopía, un pesadelo disfuncional. Xa veremos ata que punto o presidente da Xunta quere plasmar na realidade presente as súas declaracións no Courel. De momento, debería pensar se cadra no valor que ten no exterior unha Inglaterra anglofalante, unha Italia italofalante, e unha China sinofalante. A universalidade prefire a denominación de orixe, e o mellor sinal da existencia diferenciada consiste nas divinas palabras propias. As galegas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario