Sesudo artigo de Antón Losada, en Galicia Hoxe
Disque o castellanazo d’O Noso Alberto ficou máis ben en gatillazo. Nin inglés para todos, porque sae caro, nin consulta aos pais, porque non ten apoio legal. Pero non quedáramos en que era un dereito civil garantido pola Constitución e ameazado pola forzas da imposición? Ou é que cando o prometeu en campaña aínda non tiña acabada a carreira de Dereito? Pero non sufran. Como hai xente que nunca cansa de perder o tempo, agora ameaza con seguir enredando cunha lei. E, mentres, a educación dos nosos fillos e a lingua dos nosos avós, sometidas a máis presión e a máis indiferenza da que calquera debera soportar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario