Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 24 de maio de 2010

Outro premio para un orgulloso de ser galego: Oliver Laxe.

Oliver Laxe está  orgulloso de ser galego. Así o di no vídeo que acompaña este texto extraído de Dinamiza Caramiñal.
A longametraxe Todos vós sodes capitáns, do cineasta galego Oliver Laxe, recibiu o premio da Federación Internacional da Crítica de Cinema, dentro da sección da quincena de realizadores do festival de Cannes.
Laxe, nacido en París en 1982 e fillo de emigrantes galegos, xa dirixira diferentes pezas con notábel éxito, como a curta 'As chemineas decidiron escapar' ou os documentais 'Soa a trompeta, agora vexo outra cara' e 'París#1'. Preguntado sobre os seus proxectos futuros, Oliver Laxe apunta a Galiza e asegura que xa ten un filme na cabeza. Afirma que pensa en moverse cara ao sur de Marrocos, cara ao deserto, e adianta que o seu próximo traballo terá unha primeira parte que se rodará integramente en terras galegas.
Nun comunicado, a Xunta destacou que, "por primeira vez", unha produción galega resultou seleccionada nesta categoría, que só foron elixidos 24 de máis de 2.000 traballos e que nas últimas edicións non houbo ningunha película española presente no certame.
Da Nosa Terra e Vieiros e Imos Indo
Velaquí unha máis que interesante entrevista a Oliver Laxe en Planeta Cine, do 2009:

Ningún comentario:

Publicar un comentario