Así estou eu, orgulloso. A Coordinadora de ENDL presentou a segunda edición da campaña de orgullosos
Trátase dun espazo onde a Coordinadora mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, é un espazo no que mostrar que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego. Todos podemos participar na campaña aportado as razóns do noso orgullo.
Pero eu quero aproveitar agora esta mensaxe para mostrar o meu orgullo por quen foi alumno meu, deste rapaz que é o presidente de COGAMI (Coordinadora Galega de Persoas con Discapaciade). Non sei o que aprendeu naquelas clases de matemáticas, pero vexo que o de impartirllas en galego puido servirlle de algo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario