Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 14 de maio de 2010

O ditame do Consello Consultivo sobre o decreto contra o galego

Velaí deixamos o ditame do Consello Consultivo. Xa o comentaremos con vagar.
Dos 23 artigos do decreto, o Consello Consultivo critica duramente 12 deles, concretamente di que van contra distintas disposicións da legalidade vixente os artigos 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 12, 14, 15, 17 e 21.
As críticas non son en cuestións menores, senón que van ao cerne do decreto. Modificalo segundo as directrices deste ditame significaría facelo outra vez de novo.
Segundo o Consello Consultivo o proxecto de decreto contra o galego atenta contra varios artigos da Constitución Española, contra varias Sentenzas do Tribunal Constitucional, contra Sentenzas do Tribunal Superior, contra o Estatuto de Autonomía, contra a Lei de Normalización Lingüística, contra a LOE, contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, contra varias Leis Orgánicas de educación, do dereito á educación e outras, e un voto particular refírese en especial a que varios puntos do decreto van en contra do Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Unha comisión de expertos xuristas xa avanzaban varios destes puntos hai algunhas semanas e facían alusión tamén a outros artigos, incluso ao título do decreto, que non son tratados neste ditame. Con estes antecedentes a ninguén lle estrañará que o PSOE xa anuncie que vai levar o decreto ante os tribunais.
Só unha cousiña máis: ata o momento da publicación desta mensaxe a SXPL non dixo nada. O habitual neles sería anunciar que o Consello Consultivo avala as teses do decreto aínda que o caso sexa todo o contrario.
Por que calan?



Ningún comentario:

Publicar un comentario