Xa nos tardaba. O xoves Feijóo anuncia a aprobación do novo decreto (que vistas as palabras de Jesús Vázquez podemos chamar de imposición). O venres Anxo Lorenzo era entrevistado na Radio Galega no informativo de primeira hora, e Anxo Lorenzo outra vez era entrevistado outra vez no chiringuito ese que chaman La Voz de Galcia na edición do domingo. Xa nos tardaba que el ou Jesús Vázquez o entrevistaran na TVG. E todo isto sen que saia publicado en sitio ningún o texto do suposto decreto. Será que aínda non está redactado?
Unha cousa máis: ata o día de hoxe ningún dos decretos de normalización do galego do ensino foi cumprido. Por que había de ser este o primeiro?
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 24 de maio de 2010
"Gústelles ou non, deben acatar a normativa vixente"
Etiquetas:
decreto,
Jesús Vázquez Abad
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario