Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 14 de maio de 2010

O Consello Consultivo contra o decreto.2

Tirado da CTNL
Real Academia Galega, Consello Escolar de Galicia, Consello da Cultura Galega, Consello da Xuventude de Galicia, as tres universidades galegas, sindicatos que representan o 90% do profesorado, asociacións e plataformas diversas... Todos se posicionaron claramente en contra do chamado “Decreto do Plurilingüismo”, que agora, ademais, o Consello Consultivo de Galicia considera ilegal


O Consello Consultivo de Galicia (CCG) xa emitiu o seu ditame e, aínda que de momento non o fixo público, todos os medios de comunicación galegos informan, citando fontes coñecedoras dese informe, que é desfavorábel e que alerta de elementos de ilegalidade, sobre todo no referido á consulta aos pais e nais para a elección da lingua de parte das materias no sistema educativo.

Deste xeito, a Xunta de Galicia conta co único apoio da organización minoritaria contraria ao proceso de normalización lingüística, Galicia Bilingüe, e co claro posicionamento en contra de todas as entidades e organizacións que foron consultadas ou relacionadas co sistema educativo: Consello Consultivo de Galicia, Real Academia Galega, Consello Escolar de Galicia, Consello da Cultura Galega, Consello da Xuventude de Galicia, as tres universidades galegas, sindicatos que representan o 90% do profesorado, asociacións e plataformas diversas, etc.

Segundo informan os medios, o informe do Consultivo está formado por "dúas partes", unha "bastante dura" que se refire a aspectos de "ilegalidade", e unha segunda parte na que se indican "algúns elementos de reforma para considerar" e que achega suxestións que pretenden mellorar o texto.

O pronunciamento do organismo é "duro" respecto á consulta vinculante aos pais, que poderían cambiar a asignación lingüística estabelecida por decreto sempre e cando o decidisen a metade máis un do censo de familias con alumnos en idade escolar.

Na primeira parte do texto o Consultivo dubida da "capacidade de elección por parte dos pais" xa que considera que non se pode trasladar esa responsabilidade" ás familias, "nin delegar" cuestións que afectan a servizos básicos como "o dereito á educación", polo que advirte aspectos de "ilegalidade".

Ningún comentario:

Publicar un comentario