Acabo de ir ver unha obra de teatro que é unha perla, "Master Class", todo un tratado sobre a arte, o teatro en especial. A actriz, Mabel Rivera, unha marabilla, perfecta. Para recomendarlla a todo o mundo. No entanto toda cara ten a súa cruz. Neste caso dúas cruces. A primeira: a escasa asitencia, apenas 60 butacas ocupadas. A asociación de comerciantes local repartira polo menos 20 entradas, pero das dúas filas reservadas para os ganadores das mesmas, só había tres ou catro prazas ocupadas. Todo o contrario de cando veñen grupos de teatro madrileños ou zorollos tales como "Un morto moi vivo", que é un atentado e un desprezo á nosa cultura , encheu a mesma sala varias veces. Unha pena.
Pero este bloque non está pensado para tratar de teatro, nin tan siquera de literatura en xeral. Imos ao noso, a segunda cruz. Menos mal que cheguei tarte e non me dou tempo a pensar se debía marchar antes do comenzo da obra de teatro. O problema estaba no programa de man, unha atrocidade contra o galego. Non sei que o escribiu e non entendo como é posible que o distribúan. Van de seguido as animaladas que aparece nun texto de non máis de quince frases. Transcribo literalmente.Se xunta en María Callas unha capacidade de actriz....
Con a Callas pódese chegar a todo esto con gran facilidade, porqué todo fica innato nela, pero con un control, ....
El ofréceme as verbas, eu as achego ao corazón...
o fraxil istrumento vasallo da súa mán,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario