"Cando era moi rapaz, ouvía certas palabras sen as entender (...). Mais as que ouvía ditas pola xente, de boca a orella, nas reunións da nosa casa (...) como se se falase de cousas máis de preto, da familia, dos amigos, dos inimigos, estas outras palabras eran: "solidariedade" (que era a máis difícil), "reivindicacións", "esquirol", "asalariado", "fraternidade".
Outras quedábanme tamén de coro, aínda que soamente as lese, quizais pola súa lindura de letra ou pola súa novidade no son: "dialéctica", "polémica", "simbólica"; semellábanme como se se esparexesen no ar roldas de soantes campaíñas ou gallardetes coloridos e pequenos como volallas.
Outras representábanseme grandeiras e lucidías, case lostregantes, poño por caso "internacional", que aínda sabendo o que era naquel uso que lle daban os que viñan ás reunións, figurábaseme unha enorme bandeira aboiando polo ceo azul dos mapas.
Tales palabras, digo eu, quedaríanseme acochadas no fondo do ser ata que chegara o intre, tarde ou cedo, en que cada unha delas se acomodase no seu xusto oco como as letriñas de chumbo nas caixas da imprenta do meu pai. Como un xogo de crebatestas, de súpeto atinaban co seu sitio e deseguida púñanselle moitas de arredor, ateigadas de novo sentido, ou de sentido máis cabal, como se dixésemos postas de súpeto a falaren xuntas. Outras houbo que endexamais, aínda sabéndoas de moi cedo, acadaron lugar xusto ou durable: "liberdade", "democracia", "dereitos". E outros trocaban de sitio a cada paso: "correlixionario", "fidelidade", "solidariedade" (que era a máis difícil)".
(Collido de Xente ao lonxe de Eduardo Blanco Amor).
Para entendérmolo mellor: Reivindicacións: defensas ou reclamacións dos dereitos. Esquirol: o que rompe unha folga traballando. Asalariado: o que vive dunha paga fixa polo seu traballo. Dialéctica: arte ou capacidade de discutir ou razoar.Polémica: discusión. Esparexer: espallar. Gallardetes: bandeiras. Volallas: bolboretas. Crebatestas: rompecabezas. Ateigar: encher.

Ningún comentario:
Publicar un comentario