por Antón Losada, en Galicia Hoxe
Disque O Noso Alberto acaba de ofrecer un pacto lingüístico baseado na cooficialidade, a non discriminación e o carácter do galego como lingua propia de Galicia. Se falara en serio, o seguinte paso debera de ser a inmediata retirada do decreto da cordialidade mal entendida. Ademais de aforrarlle uns cantos desgustos e algún que outro ridículo, o simple xesto de arquivar para sempre unha norma que xa está derrogada pola realidade, deixaríao en posición de poder facer o seu traballo e de intentar empezar a ser o presidente de todos os galegos, falen no que falen. Pero, para iso, hai que estar ao que hai que estar, non perdendo o tempo en discusións inútiles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario