Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 25 de maio de 2010

Galicola contra cocola

Non todo van ser libros, para beber e a un tempo significarse na normalización do galego, temos un produto novidoso, a galicola.
5 de cada 100 euros das vendas brutas están destinadas a proxectos, entidades e actividades que promocionen o galego. Isto é, fan moito máis pola normalización que a Secretaría Xeral de Política Linguística.
É a versión galega da cocacola, é como a galipedia, pero en refresco.
Teñen ademáis unha web moi gaiteira.
De momento non se vende no Corte Inglés, pero todo se andará.
Só temos unha dúbida, din galicola non é unha empresa, como etiquetala entón?

Ningún comentario:

Publicar un comentario