Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 16 de maio de 2010

Especial de Vieiros sobre Novoneyra


Dos centos de achegas que aparecen estes días nos distintos medios sobre Uxío Novoneyra escollemos este pola súa orixinalidade. É un especial de Vieiros con varios vídeos de elaboración propia baixo o título de "voces en movemento". Conta ademais con recomendacións de obras que sobre Novoneyra realizaron autores como Chus Pato, Antón Lopo, Fran Alonso ou María do Cebreiro. Tamén ten unha ligazón a un artigo sobre a vida do autor e outros tres vídeos, un deles un anaco dunha excelente obra realizada por Pixel Films: "Canto de permanencia" e que recomendamos se difunda polos centros escolares e máis alá.
Para ver o especial que comentamos, premer aquí.

1 comentario:

  1. Tedes un agasallo en Remexer (http://remexernalingua.blogaliza.org/2010/05/16/o-mellor-agasallo/ )
    Enorme o voso/teu labor!

    ResponderEliminar