En galego tamén se fai ciencia é unha campaña promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística. As tres universidades galegas unidas polo galego.
Lembremos que o criticado decreto de plurilingüismo establece que no ensino no universitario as matemáticas, a tecnoloxía deberían impartirse en castelán. Para que?
Pois aquí temos as tres universidades tomando posición.
Texto da campaña: A defensa do galego vai máis alá do seu emprego literario ou da reflexión lingüística.
A defensa do galego inclúe tamén o seu uso cotián en todos os ámbitos da sociedade.
En espazos específicos de investigación, hoxe en galego tamén se fai ciencia
En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
Na Nosa Terra informan da presentación da campaña por membros das tres universidades: O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xosé María Barxa; a secretaria xeral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Isabel García, e o vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván Area. Este último sinalou que a campaña, centrada un vídeo que se difundirá a través da páxina web "En galego tamén se fai ciencia", busca "transmitir a normalidade de empregar o galego tamén na ciencia" e defendeu o uso deste idioma "nestes tempos nos que algúns pretenden que se use para falar con galiñas, porcos e cans", apuntou.
Ademais, cualificou de "doma" e "castración" do galego as últimas medidas en materia de lingüística e asegurou que a iniciativa "suxire á sociedade explorar outras vías" fronte ao que considerou "políticas claramente equivocadas", engadiu.
Para ver máis vídeos, preme aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario