As falacias e as afirmacións demagóxicas propias dunha campaña electoral, aínda que se repitan mil veces, non se converten en verdades. Isto debería sabelo un político experimentado como Núñez Feijóo. O falso discurso da imposición do galego non callou nin callará no pobo da Galiza, porque calquera sabe que é inconsistente e falaz. A nosa internacional lingua-galega é a que sempre estivo discriminada na sociedade e na institución escolar. Esa lingua que nos permite a comunicación con millóns de persoas de todos os continentes, que constitúe o tesouro máis sobranceiro do noso patrimonio inmaterial e a expresión máis evidente do noso espírito nacional. Coa lingua non se xoga a facer política, porque quen o faga pode ofender sentimentos profundos do pobo e queimarse para sempre. Núñez Feijóo coidou que podería aplicar aquí de maneira doada as directrices recentralizadoras e de imposición do monolingüismo castelán emanadas dos sectores máis duros do aznarismo español. O éxito nesa política outorgaríalle méritos para facer carreira política en Madrid, entre eses dirixentes do PP que descoñecen por completo a realidade peninsular e as posíbeis reaccións viscerais que se producirían. Logo do sucedido na Galiza, a eses señores imprudentes da rúa Xénova está a piques de lles quedar claro que non poden rebaixar sen que se lles presente unha grande oposición o estatus das linguas cooficiais. Esa mesma estratexia aplicada noutras partes do Estado traeríalles aínda maiores problemas. Abofé que se algún inconsciente político do PP a pensou algunha vez para Cataluña, co sucedido, queda descartada.
A oposición ao proxectado decretazo de Feijóo desde todos os ámbitos foi case absoluta, quedando só co apoio dunha minoritaria agrupación mal chamada Galicia Bilingüe. Fixo uns cálculos moi errados, porque nunca imaxinou que a reacción sería tan forte e que ía ficar completamente só. O normal sería que agora estivese arrepentido das súas actuacións. E se el ou algúns dos seus máis estreitos colaboradores seguen mantendo a día de hoxe algúns puntos do seu antigo discurso é só por non largaren corda en público, por non recoñeceren a súa estrepitosa derrota. Anxo Lorenzo, o conselleiro de Educación e o presidente da Xunta unha e outra vez vanse encontrar unha oposición constante dos docentes, dos xuristas e dos cidadáns, mesmo de organismos de carácter internacional, se teiman no seu decreto. Sería intelixente e moi bo que se recoñezan os erros cometidos e evitar que se converta en crónico este conflito, sobre todo polo ben do ensino. Antes non existía conflito, mais as actuacións da Xunta xeraron un permanente.
Se quere que as augas volvan ao seu curso, Núñez Feijóo terá que entender que consultar os pais sobre materia educativa, ademais de ilegal, é inconstitucional, e que a mellor solución é aceptar o consenso derivado da Lei de normalización lingüística de 1983, aprobada por todas as organizacións políticas na época de Fraga. Ser en tempo de crise un neocón, tamén en materia lingüística, é conflitivo e moi contraproducente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario