Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 25 de maio de 2010

Proxecto Trasno


Nas Gabarras pescamos este artigo (xa se sabe que todo o que cae na rede é peixe ) :
Ante o desmantelamento de Mancomún pola Xunta de Feijóo, a comunidade de tradución de sóftware libre decidiu organizarse fóra das institucións, e nesa iniciativa estaba, entre outros, Proxecto Trasno, un dos pioneiros na tradución ao galego de sóftware libre, un grupo de persoas voluntarias que leva 10 anos traballando a prol do sóftware libre en galego ou, o que é o mesmo, a prol do galego no sófware libre.
Foi así como o 17 de outubro de 2009 se creou a Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno entre cuxos obxectivos estaba "A localización de software libre ao galego co fin de que a comunidade galegofalante poida dispor de software libre adaptado ás súas necesidades e requirimentos lingüísticos e culturais."
Agora o Proxecto Trasno vén de presentar o seu novo web, con novas ferramentas e novas maneiras de establecer comunicación cos usuarios e entre os tradutores (foro, perfís en Facebook, Twiter, Latri.ca e en Identi.ca...), para convertir o seu nun proxecto "máis aberto, máis funcional e máis interoperable, con fe anovada no sóftware libre e na forza do traballo colaborativo".
Parabéns, pois, polos logros obtidos e longa vida ao Proxecto Trasno e ao sóftware libre en galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario