Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 24 de maio de 2010

La Voz non informa, manipula


Cando a Coordinadora de ENDL presentara a primeira campaña de orgullosos do galego co vídeo no que aparecían Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e outros, La Voz de Galicia non informara do suceso, nin nas páxinas interiores, nin entre as esquelas, nin entre os anuncios de contactos.
Agora acaba de presentarse a segunda edición desa campaña. Que fai ese medio? Esconde unha nova no máis recóndito do periódico, e ata tal punto queren ocultar os actos da Coordinadora, en en xeral todos os pasos que se dan a favor dunha normalización da nosa lingua que, tal e como podemos ver na imaxe adxunta da edición dixital deste medio, nin tan siquera aparece baixo un título que nos permita identificala. Unha pista: buscade baixo o título "Salustiano Mato de la Iglesia".
No delirio da manipulación non informan, outra vez, sobre a campaña, só hai un rascuño sobre un aspecto da valoración da Coordinadora de ENDL a respecto do terrible decreto. Da campaña dos orgullosos, nada.

No entanto este medio saca na portada a entrevista que lle fan a Anxo Lorenzo, o secretario xeral de política lingüística, que estes días non fai outra cousa que aparecer nos medios anunciando un funesto decreto (que curiosamente non aparece por sitio ningún, alguén o leu?). Anxo Lorenzo, na súa liña, e na liña de La Voz. O titular é "O noso modelo lingüístico en infantil é moi semellante ao catalán". Pois veña, aplicade o modelo catalán a toda a política lingüística, e todos contentos.
E aínda hai xente que le este periódico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario