Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 17 de maio de 2010

Bébedos?

Será auga o que hai na botella?
Facémonos a pregunta porque estamos agardando por ela como por auga de maio. Estamos agardando pola valoración da Secretaría Xeral de Política Lingüística sobre o ditame do Consello Consultivo. Cando no pasado mes de xaneiro, co peito enchido, Anxo Lorenzo e Jesús Vázquez andaban a presentar as súas Bases do decreto de plurilingüismo por Galicia adiante, non facían outra cousa que destacar que este documento estaba fundamentado en tres principios:
1. a aposta por un plurilingüismo efectivo;
2. a garantía de equilibrio entre as linguas oficiais; e
3. a potenciación da participación das familias.

Despois da resposta da RAG e do CCG, deixaron atrás a aposta pola primeira opción, o inglés xa non era fundamental. No entanto na redacción do Proxecto de plurilingüismo os outros dous principios mantíñanse intactos.
Agora pronunciouse o Consello Consultivo, quen ditaminou que tal decreto é manifestamente ilegal polo que o terceiro dos puntos, o da participación das familias, parece que se vai eliminar.
E que pasa co trasunto do "equilibrio"? O ditame do Consello Consultivo tamén é claro, este termo, "equilibrio", é xurídicamente inseguro e instan a que se substitúa por "igualdade", pois a procura dun equilibrio lingüístico pode derivar nunha desigualdade a respecto do trato das linguas, e que tal e como está redactado o articulado do decreto desfavorecería claramente ao galego, e isto é ilegal. O que se debe procurar para repectar esa igualdade é un trato desigual avalado en sentenzas do tribunal constitucional onde se debe favorecer ao máis débil e protexer ao máis desprotexido, neste caso á lingua galega. Quedámonos pois sen o punto dous. Quedámonos sen principios, que é o que nos queda?
Nunha carta que a Consellería de Educación enviara a todo o profesorado o 19 de xaneiro pasado co fin de facer propaganda das bondades do decreto os remitentes aseguraban que "
respecto e aplicación da Constitución española, do Estatuto de autonomía de Galicia e da Lei de normalización lingüística". O Consello Consultivo acaba de aclarar que eses son tres dos marcos legais que o Proxecto de decreto incumpre (hai máis, pero agora non os comentaremos).
Hai xa cinco días que todo o anterior está sobre a mesa dos responsalbes do decreto, cómpre, xa que logo, algunha resposta, algunha reacción, algo. Eis, que nós, que somos moi aficionados ás lecturas que nos regala a SXPL, atopamos, por fin o primeiro comentario desde a entrega do ditame: "A lingua galega, [...] é un elemento que dignifica e autentifica [...] os recursos naturais, como
o viño"
De todo isto xurde a pregunta que pon título a esta mensaxe.
Quen rexe os designios da nosa lingua?

Ningún comentario:

Publicar un comentario