Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 27 de xaneiro de 2012

Velaí a historia dun profesor que acudiu ao portal da Consellería de Educación e acabou...

A culpa é toda miña, xa o sei. Mais non alcanzo a comprender a importancia que ten que Jesús Vázquez, o ultraconselleiro de Educación e Cultura, acudise á preestrea  de "Arrugas" nun cine... en Madrid. Seguramente ten unha trascendencia que se me escapa, pero non podo deixar de enterarme da nova xa que aparece ben clariña no portal-web da Consellería de Educación... ben..., alí o titular figura co vocablo *preestreno. Serán cousas do plurilingüismo ese, digo eu... ou de que o acto fose en Madrid.

E alguén preguntarase a conto de que vén todo isto nun blogue sobre a lingua e a súa normalización.
A culpa é toda miña, pois eu andaba na procura de datos sobre a convocatoria de axudas aos ENDL e, iluso! pensaba que podía atopar algo no web da Consellería de Educación cando todo o mundo sabe que se precisa dalgunha información útil no ámbito do ensino é ben certo que aquí non a vai atopar. Imposible achar un DOG, un recurso educativo, ...
Así que acudín ao web da SXPL... e nada. Nin na sección de noticias nin na de convocatorias de axudas. Menos mal que por fin fun á fonte limpa e alí atopei o que buscaba. Non hai como ter determinados amigos no facebook.
Xa resolto o meu problema, volvín á primeira notica que vira. Non, non se trataba de destacar a importancia da película, da súa contribución a aspectos culturais ou educativos. Non se trataba diso porque a noticia non se desenvolve, fica exclusivamente no contido relatado no titular. Eis que o cerne do asunto é simplemente iso, que Jesús Vazquez pasou a tardiña no cine Roxy A... en Madrid. Por iso non o entendo.
Velaí a historia dun profesor que acudiu ao portal da Consellería de Educación e acabou lendo o Hola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario