O profesorado non debe entender o galego. Esta é a conclusión que podemos tirar da carta de felicitación enviada polo conselleiro de educación, Román Rodríguez porque non nola envía só en galego. Ben sei que non é a única razón pola que Román nos fai ese agravio, mais se chego a esa conclusión é por non ser mal pensado. Podería haber outra motivación para actuar así, sería que o conselleiro considerase que o galego é unha lingua menor polo que, no absurdo caso de empregala sempre debe ir acompañada da súa irmá maior, o castelán.

Ningún comentario:
Publicar un comentario