A Fundación Xistral afirma ser "unha declaración de amor a un xeito de entendermos a vida ... e a todos os que participan na construción da cultura que hoxe nos dota de identidade". Desde os seus comezos xa levan toda unha serie de campañas promovendo a cultura de noso. Hoxe traémola a este portal pola presentación da última das súas iniciativas, unha rede social sobre o libro galego, M8 por ler.
A rede contén un catálogo inmenso de publicacións e vén cun buscador de fácil manexo que decontado nos leva a aqueles títulos que estamos buscando.
Animo a todo o mundo a que se inscriba, a que consulte a información que contén de cada libro e a que valore e escriba unha pequena reseña sobre aquelas publicacións das que teña coñecemento para axudar ao resto da comunidade a guiarnos nas nosas lecturas. Unha magnífica iniciativa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario